HomeA CoruñaO Goberno de Laxe aproba novas investimentos co POS adicional 2025

O Goberno de Laxe aproba novas investimentos co POS adicional 2025

- Anuncio -spot_img

O Pleno extraordinario dá luz verde a unha actuación de mellora urbana valorada en máis de 85.000 euros

O Concello de Laxe celebrou no día de hoxe un Pleno extraordinario no que o Goberno municipal aprobou a participación do concello na segunda fase do POS adicional 2025, enmarcada no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación da Coruña.

Entre as actuacións incluídas destaca o proxecto de acondicionamento do tramo norte da rúa Camiño da Besugueira, unha obra que conta cun orzamento base de licitación de 85.860,58 euros e que permitirá mellorar de maneira integral esta vía.

A actuación contempla, entre outros traballos, a renovación do pavimento, a execución dunha plataforma única, a mellora do drenaxe e da rede de augas pluviais, así co mo actuacións en saneamento, sinalización e seguridade, dando solución aos problemas de deterioro existentes e mellorando a accesibilidade e a seguridade tanto para vehículos como para peóns.

Con esta aprobación, o Goberno de Laxe continúa avanzando no seu compromiso de mellorar as infraestruturas municipais e os espazos públicos, apostando por unha xestión eficiente dos recursos e por actuacións que repercutan directamente na calidade de vida da veciñanza.

O alcalde de Laxe, Francisco Charlín Oróns, destacou que “este investimento permitirá actuar nunha zona que o precisa, mellorando a seguridade, a accesibilidade e o estado xeral da vía, dando resposta a unha demanda da veciñanza”.

Publicacións Relacionadas