Home A Coruña O goberno local prevé sacar a licitación as obras para a concellaría...

O goberno local prevé sacar a licitación as obras para a concellaría de Medio Rural no recinto feiral de Amio a finais de abril

- Anuncio -

O día 28 é a data límite fixada para abandonar a nave de Desproi no Polígono de Costa Vella, reubicando de xeito temporal os servizos de Parques e Xardíns e Medio Rural por diferentes dependencias

O alcalde estuda remitir o expediente á fiscalía “porque se está cuestionando a validez dos informes dos técnicos municipais e pondo en dúbida a honorabilidade deste goberno e a miña propia”.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2023. Será o 28 deste mesmo mes de febreiro cando os servizos de Medio Rural e Parques e Xardíns abandonen as instalacións da nave alugada no Polígono da Costa Vella e que levaron á dimisión ao ex-edil de Medio Rural. Sánchez Bugallo explicou que, de xeito provisional, teranse que reubicar os servizos en diferentes espazos: os catro funcionarios de Medio Rural se incorporarán á oficina de Obras e o persoal de Parques e Xardíns terá que repartirse. O grupo de técnicos e administrativos compartirán a oficina da xerencia do recinto feiral de Amio, e para os talleres de maquinaria e vestiarios solicitouse un orzamento a Mercagalicia, a partir do que o persoal técnico deberá avaliar condicións.

Paralelamente, explicou o alcalde que se seguen dando pasos na solución definitiva cunha obra para acondicionar o edificio de Amio. “Teremos que facer unha revisión do proxecto xa aprobado e unha revisión de custes” explicou o alcalde, que prevé sacar a licitación as obras entre o mes de marzo e abril: “previsiblemente haberá que buscar financiación adicional, derivado do incremento de custes de materias primas, polo que seguramente teremos que botar man dos remanentes de tesourería”.

A comezos do próximo ano prevé o alcalde que poidan estar funcionando os servizos na súa localización definitiva, toda vez que o prazo de execución estimado da obra é de 4 meses.

“Non estamos dispostos a permitir que se cuestione a validez dos informes dos técnicos municipais nin se poña en dúbida a honorabilidade do goberno municipal ou de min mesmo”

O alcalde anunciou ademais que desde o goberno local estase valorando a posibilidade “de remitir nós mesmos este expediente á fiscalía”. Detallouno durante unha rolda de prensa que recalcou que “se aparece algunha cuestión na que poidamos ver responsabilidades penais de algún tipo, farémolo sen dúbida; e no caso de que non sexa así, é probable que o fagamos tamén por transparencia e para zanxar dunha vez por todas o cuestionamento permanente da oposición á acción de goberno”. Explica o alcalde que “non hai nada que ocultar”: “estamos revisando todos os aspectos da cuestión e daremos todas as explicacións necesarias”.

Ademais reafirmouse na súa intención de comparecer no próximo pleno, probablemente nunha sesión extraordinaria que se podería celebrar durante a primeira quincena deste mes de febreiro, no que demais se ratificará o pago das subvencións nominativas para clubs e asociacións.

Un alugueiro provisional de urxencia

“O desaloxo tivo que producirse de xeito precipitado e iso obrigou a tomar as decisións rápido”. O alcalde quixo deixar claro durante a comparecencia deste venres que os contratos de alugueiro do Concello “sempre se rexen por dous principios: a idoneidade da localización e o prezo de mercado” e “esas dúas circunstancias están acreditadas de forma perfectamente clara no expediente considerándose idóneas e a un prezo axeitado”.

Precisamente, unha vez se tiña o informe técnico de necesidades e o estudo de prezos de mercado, e ante a orde de desaloxo que se recibira por parte da Xunta de Galicia e da empresa de demolición, o nove de setembro de 2021 comunícaselle ao comité de empresa o proceso de traslado, que comeza co transporte do arquivo ás oficinas de Obras e Proxectos e da maquinaria e equipos de Parques e Xardíns ao viveiro de Lamas de Abade.

Ademais recoñece o alcalde que houbo “dúas circunstancias importantes que eran descoñecidas polos membros da xunta de goberno no momento de aprobar o aluguer”, en primeiro lugar “que un dos membros da xunta de goberno figuraba como administrador dunha sociedade que participa no 36% da sociedade propietaria desa nave” e “que existía unha débeda tributaria”. Recalca que “son feitos realmente relevantes pero descoñecidos por nós naquel momento”.

Ademais, explica o alcalde que a pesar de que no acordo da Xunta de Goberno figuraba que o aluguer era de 4 meses prorrogables mensualmente, o contrato finalmente asinado foi de un ano prorrogable mensualmente e con posibilidade de ser rescindido cun mes de preaviso en calquera momento. En todo caso, recoñece que “non detectamos esa discrepancia”, aínda que a efectos reais non supuxera nada.

Sobre a licencia de actividade da nave tamén quixo explicar que o edificio titularidade de Desproi S.L. pediu licencia de obra e de primeira ocupación no 2012, e que nese mesmo ano solicitou a licencia de actividade, pero que non foi resolta. “A solicitude está formulada, é evidente que todos os prazos para que a administración resolvera hai anos que están superados polo que, a reserva do que informen os técnicos de urbanismo, a licencia podería estár concedida por silencio administrativo” explicou o alcalde.

Ademais, a isto súmaselle que a aprobación no 2013 da Lei de Emprendemento de Galicia exime a estes supostos da licenza de actividade, requerindo unicamente a presentación dunha comunicación previa con 15 días de antelación ao inicio de actividade.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas