Home A Coruña O Goberno municipal pídelle á Xunta que axilice o informe de Patrimonio...

O Goberno municipal pídelle á Xunta que axilice o informe de Patrimonio pendente para non demorar máis a residencia de Eirís

- Anuncio -

O estudo de detalle, necesario para poder poñer en marcha as obras, tan só está pendente do informe autonómico para a súa aprobación

O Goberno municipal pídelle á Xunta celeridade na tramitación da residencia para a terceira idade prevista en Eirís. O executivo local considera prioritaria a construción da dita residencia e o incremento dos servizos para maiores nunha cidade na que a Xunta leva anos sen dedicar recursos suficientes para a atención á terceira idade, co que se xerou un grave déficit de prazas.

Hai 19 anos que a Xunta non abre ningunha residencia para maiores na cidade, e de xestión directa, máis de 30 anos.

O Concello da Coruña deulle a máxima prioridade á tramitación deste proxecto, cuxo primeiro expediente comezou a súa tramitación en decembro do 2020 e que se resolveu segundo o seguinte cronograma:
● 30.12.2020 Inicio do expediente
● 12.01.2021 Aprobación inicial do EDD (estudo de detalle) en Xunta de Goberno Local
● 03.02.2021 Solicitude de informes sectoriais: AESA, Costas e Patrimonio da Xunta
● 22.02.2021 Publicación no DOG e medios
● 22.03.2021 Favorable de Patrimonio
● 20.04.2021 Favorable de AESA
● 18.08.2021 Favorable de Costas
A intención do Goberno de Inés Rey era levar a Pleno en setembro do 2021 o dito estudo de detalle, mais en agosto dese ano, por solicitude da Consellería de Política Social, parouse o expediente para iniciar un novo adaptado ás novas características previstas para o edificio, un cambio ao que o executivo de Inés Rey lle puxo tamén todas as facilidades para non demorar o investimento.

O cronograma da tramitación do novo estudo de detalle é o seguinte:
● 08.09.2021 Inicio do expediente
● 13.10.2021 Aprobación inicial do EDD en XGL
● 09.11.2021 Solicitude de informes sectoriais: AESA, Costas e Patrimonio da Xunta
● 10.11.2021 Publicación no DOG e medios
● 20.12.2021 Informe de Costas do Estado
● 30.12.2021 Informe de AESA

O único trámite que resta hoxe para poder finalizar o estudo de detalle (preciso para poder empezar as obras) é o informe preceptivo de Patrimonio da Xunta.

O executivo local úrxelle á Xunta a completar o ante posible o dito informe para evitar demoras, e recorda que na cidade existe unha crecente demanda de servizos para persoas da terceira idade ás que a Xunta non lles está a ofrecer alternativas suficientes nin mediante prazas en residencias nin con centros de día.

“A Xunta ten que exercer as súas competencias e deixar de dicir cousas que non son certas”, indicou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, en resposta ás declaracións da conselleira de Política Social. “O estudo de detalle irá a pleno cando Patrimonio da Xunta lle dea o visto e prace”, explicou a rexedora, que recordou que tanto neste como noutros asuntos o executivo actuou sempre coa máxima lealdade institucional: “Pídolle a Feijóo que deixe de enviar aos seus conselleiros a atacar a este Goberno con falsidades, non vou consentir que se minta”, remarcou Inés Rey.

Relacionadas

O parque infantil da Lombiña está dispoñible para uso e desfrute da veciñanza

0
Nesta tarde efectuouse no municipio pobrense a inauguración do parque infantil da Lombiña tralo proceso de rehabilitación ao que foi sometido nos últimos meses,...

O Teatro Colón acollerá este domingo un novo concerto da Banda Municipal de Música...

0
O alacantino Juan Miguel Romero será o director convidado da función, na que se interpretarán cinco pezas de Verdi, Bizet, Ponchielli e Puccini A Banda...

Saen adiante por unanimidade (case) todos os asuntos que se presentaron no primeiro pleno...

0
A corporación aprobou a distribución do POS+, a introdución de novas bonificacións no ICIO e unha declaración institucional demandando da Xunta o reforzo do...

Inés Rey destaca na entrega do Premio Pérez Lugín a capacidade do xornalismo para...

0
A alcaldesa presidiu o acto de entrega do galardón ao fotoxornalista Javier Quintana co seu artigo ‘Los extranjeros’ A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, encabezou...

Cen nenas e nenos coñecerán de cerca a vida das focas do Aquarium a...

0
As localidades ofertadas en decembro para estudar e alimentar a estes mamíferos mariños esgotáronse para todas as sesións O Aquarium Finisterrae abre a reserva de...

A Xunta incrementa en máis de 65.000€ o orzamento para a financiación de servizos...

0
— Estas axudas están orientadas na súa maioría á contratación de persoal así como ao financiamento do SAF básico, ao funcionamento das escolas infantís...

Publicacións Relacionadas