HomeA CoruñaO Goberno municipal proporá recoñecer a Rosa Otero co título de Filla...

O Goberno municipal proporá recoñecer a Rosa Otero co título de Filla Adoptiva da Cidade 

- Anuncio -spot_img

A Comisión de Honras aprobará tamén o nomeamento de Ramón Núñez Centella como Fillo Predilecto da Coruña 

O Goberno municipal proporá na próxima Comisión de Honras o nomeamento de Rosa Otero como Filla Adoptiva da cidade. ”Quedan moi poucos días para a conmemoración do 8-M. Volveremos a saír á rúa para seguir a reivindicar a visibilización das mulleres en todos os ámbitos, e cómpre facelo lembrando a figuras que foron e seguen a ser un referente neste sentido porque persoas como Rosa Otero son un exemplo de valentía na loita dos dereitos das mulleres, especialmente das máis humildes”, indicou hoxe a alcaldesa, Inés Rey. 

“Rosa nunca esqueceu as súas orixes e nós nunca esqueceremos o seu exemplo, comprometida sempre con amosar o esforzo, a miúdo anónimo, das amas de casa, mulleres ás que non se lles recoñeceu o seu papel fundamental á hora de sacaren adiante a súa familia e os seus fogares”, apuntou a alcaldesa. 

A proposta irá á comisión á semana que vén para a súa aprobación, que deberán referendar despois o Pleno. “Rosa Otero é historia da Coruña e así llo queremos recoñecer”, xustificou a alcaldesa. Rosa Otero Graña naceu en Santiago en 1940 e desenvolveu unha intensa vida no ámbito social . Presidenta da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios, é tamén a presidenta da Asociación Antidroga Antonio Noche, desde a que leva moitos actuando para loitar contra a lacra da drogadicción. 

Ademais, na mesma Comisión de Honras, está disposto que se aprobe, tal e como estaba previsto, o nomeamento de Ramón Núñez Centella como Fillo Predilecto. Nacido na Coruña en 1946, Núñez Centella foi o gran impulsor dos museos científicos coruñeses, un modelo que hoxe segue plenamente vixente e que converteu A Coruña nun referente na divulgación científica recoñecido internacionalmente.

Publicacións Relacionadas