HomeA CoruñaO goberno proporá cambiar a ordenanza fiscal do mercadillo semanal para aplicar...

O goberno proporá cambiar a ordenanza fiscal do mercadillo semanal para aplicar bonificacións en períodos de menor afluencia

- Anuncio -spot_img

· Outro dos cambios está relacionado co cobro das taxas. Ata o de agora, este facíase por adiantado. Co cambio na normativa, os vendedores poderán pagar nos 15 últimos días do trimestre.

· O obxectivo, como explicou a concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, “é revitalizar e apostar por este mercadillo dándolles máis facilidades aos responsables dos postos”.

O goberno local, a proposta da Concellaría de Promoción Económica, exporá no pleno ordinario de mañá, xoves 31 de xullo, unha modificación da ordenanza fiscal reguladora do mercadillo ambulante semanal. Así o avanzou, esta mañá, a concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, nunha conferencia de prensa na que explicou os cambios en detalle. Unha das principais novidades será a incorporación dunha bonificación para os vendedores durante o 1º e 4º trimestre do ano, épocas de menor índice de venda. O obxectivo, tal e como explica a edil, “é seguir revitalizando o mercadillo, algo que queremos conseguir reducindo a carga tributaria e dándolles máis facilidades aos vendedores”.

Por unha banda, a proposta que o equipo de goberno elevará ao pleno inclúe un cambio na taxa. Ata o de agora, a ordenanza contemplaba o cobro tomando como referencia o metro cadrado. Se o punto recibe luz verde, pasaría a aplicarse a tarifa por metro lineal tendo en conta a fronte do posto, o que reducirá a cantidade a aboar.

Outro dos axustes que se contemplan está relacionado co prazo de pago voluntario. Ata o de agora, este debía de realizarse por adiantado. Unha vez entre en vigor a nova normativa, daráselles aos tendeiros a posibilidade de facelo nos 15 últimos días de cada trimestre.

Pola outra banda, a intención do executivo é establecer unha bonificación aplicable no 1º e no 4º trimestre de cada ano, coincidindo cos meses de menor afluencia de clientela e, polo tanto, de menor consumo. Tal e como apuntou Amparo Cerecedo durante a presentación de hoxe, “a climatoloxía é peor nestas épocas, o que dificulta, en moitas ocasións, a realización do mercadillo ambulante”. Para darlles aos responsables dos postos máis facilidades, fíxase unha bonificación do 25%. Así mesmo, establécese unha bonificación do 50% para os vendedores e vendedoras que non teñan débedas pendentes nos últimos catro anos.

Publicacións Relacionadas