Home A Coruña O Gran Premio de Marcha Cantóns da Coruña suma dous novos medallistas...

O Gran Premio de Marcha Cantóns da Coruña suma dous novos medallistas olímpicos

- Anuncio -

O sábado 28 de maio competirán máis de 50 deportistas que participaron nos Xogos de Tokio

A Coruña preparase para recibir aos mellores atletas mundiais do momento no que será a súa trixésimo quinta edición do Gran Premio de Marcha Cantóns da Coruña – Trofeo Sergio Vázquez que como todos os anos e de maneira ininterrompida, agás no 2020 pola situación pandémica, celébrase no centro da cidade. Será o sábado 28 de maio cando se celebre este clásico do atletismo.

A falta de pouco menos de vinte días para o Gran Premio, segue aumentando o nivel do elenco de marchadoras e marchadores que confirmaron a súa participación na cita coruñesa. As últimas confirmacións son a do subcampión olímpico en Londres 2012 Erick Barrondo, de Guatemala, e a da chinesa Quieyang Shenjie, bronce na mesma edición. Súmanse deste xeito aos tamén medallistas olímpicos confirmados: a colombiana Sandra Lorena Arenas e Evan Dunfee, de Canadá, prata e bronce respectivamente nos Xogos de Tokio 2020. Na Coruña competirán máis de 50 deportistas que participaron o ano pasado nos Xogos Olímpicos de Tokio.

Novas distincións para a organización do Gran Premio
Recentemente o Gran Premio sumaba dúas novas distincións máis que engadir á súa importante nómina de recoñecementos nacionais e internacionais. O primeiro deles viña da man da Real Federación Española de Atletismo, que novamente distinguía a Cantóns como a mellor proba de marcha do ano 2021. Unha semana despois era o xurado da IV Gala do Deporte da Coruña e da súa Comarca quen recoñecía a Cantóns como a mellor competición do ano 2021, galardón que entregou a alcaldesa, Inés Rey.

Este importante evento conta desde o ano 2019 coa placa Patrimonio Mundial do Atletismo, máxima distinción mundial outorgada pola World Athletics. O seu presidente Sebastian Coe dixo que “o Gran Premio anual Cantóns da Coruña é un faro de excelencia e a reunión máis antiga do circuíto de marcha da WA”.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas