Home A Coruña O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira interpretará a “Canción de Nadal”...

O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira interpretará a “Canción de Nadal” inspirada no radioteatro.

- Anuncio -

Hoxe tivo lugar a presentación desta iniciativa do Grupo Municipal de Teatro que o seu director, Óscar Romero leva tempo pensando en levala á práctica.

Á presentación asistiron: a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, o director do Grupo Municipal de Teatro, Óscar Romero, o técnico de promoción cultural do Concello de Ribeira, Unai González máis membros do propio grupo.

A concelleira informou que a “Canción de Nadal” se interpretará o vindeiro luns 23 a partir das 21:15 h no Auditorio Municipal con entrada de balde.

O radioteatro (sinónimo de radionovela e tamén chamado radio comedia, comedia radiofónica, teatro radiofónico ou audiodrama) é un tipo de contido radiofónico de contido teatral ou fantástico. Ao carecer de compoñentes visuais, os radioteatros dependen do diálogo, a música e os efectos de son para axudar ao oínte para imaxinar a historia, A radionovela tivo un gran desenvolvemento entre 1920 e 1940 converténdose nunha forma de entretemento popular a nivel mundial. Coa chegada da televisión, a mediados do século XX decaeu progresivamente.

Romero explicou que a representación da obra “Canción de Nadal” é algo moi propio destas datas e que levaba tempo pensado nunha idea que consiste en fundir o espírito da propia obra e mesturala cunha radionovela con selo contemporáneo. Explicou que a representación durará sobre unha hora e terá moitos efectos sonoros (200 pasos de audio) propios das radionovelas das cales se declara fan.
Os asistententes animaron á veciñanza a presenciar esta obra clásica do Nadal revisada de forma comtemporánea polo Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.

Relacionadas

O BNG anima a consumir no comercio local e promociona os produtos galegos

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anima a consumir no comercio de proximidade, lanzando unha nova campaña baixo o lema “Mellor local, mellor galego”. Nesta...

Abre a tránsito peonil a meirande parte de San Andrés tras completar o Concello...

0
A alcaldesa, Inés Rey, comprobou hoxe o avance dos traballos, que culminaron esta semana coa instalación dos semáforos, marquesiñas e novo mobiliario e zonas...

Pol Guasch e Mario Regueira protagonizan a derradeira sesión de Poetas Di(n)versos do ano

0
O evento organizado e conducido por Yolanda Castaño celebrarase este luns 23 ás 20.00 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora O ciclo de poesía...

Bergondo tarde e mal iluminado polo Nadal

0
O Partido Popular dirixido por Manuel Fafián lamenta un ano máis que o Concello de Bergondo teña unha iluminación do Nadal moi pobre debido...

Incendio dun vehículo no Concello da Laracha

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron sufocar o incendio dun vehículo na estrada que vai de Lemaio ao Polígono Industrial no Concello...

Entrega de premios do Tapeando Carral 2024

0
O Concello de Carral fixo entrega hoxe, na Casa do Concello, dos premios do Concurso ‘Tapeando Carral’ 2024. O Velo de volandeira do Pacífico, do...

Publicacións Relacionadas