HomeA CoruñaO Grupo Municipal Socialista alerta de atrasos administrativos que ameazan a consolidación...

O Grupo Municipal Socialista alerta de atrasos administrativos que ameazan a consolidación do centro biotecnolóxico da Sionlla

- Anuncio -spot_img

A concelleira socialista, Marta Abal, pregunta pola devolución dun aval de 83.869 euros e pola autorización dunha hipoteca necesaria para garantir a viabilidade do proxecto.

O Grupo Municipal Socialista denuncia “a inacción e a lentitude inxustificable” do goberno municipal na tramitación de dous expedientes clave para o correcto funcionamento e consolidación do centro biotecnolóxico da Sionlla, unha infraestrutura estratéxica para a innovación e o desenvolvemento económico de Santiago.
Así o manifestou a concelleira socialista Marta Abal, quen advertiu de que “dous trámites básicos, pero fundamentais, continúan bloqueados sen explicación algunha: a devolución dun aval superior aos 83.000 euros e a autorización dunha hipoteca imprescindible para garantir a viabilidade do proxecto”.
A concelleira socialista lembra que, se a infraestrutura leva funcionando desde febreiro de 2023, coas empresas xa instaladas e desenvolvendo a súa actividade “non se entende, como o Concello segue a paralizar procedementos vitais para un proxecto estratéxico para a cidade”, e cualificou de “preocupante” a falta de resposta do goberno municipal a cuestións que deberían estar resoltas desde hai meses.a
“Esiximos respostas e solucións inmediatas. As empresas, o proxecto e Santiago non poden seguir pagando a falta de xestión e a inacción do goberno municipal”, conclúe a concelleira socialista.

Publicacións Relacionadas