HomeA CoruñaO Grupo Municipal Socialista de Santiago levará a pleno unha proposición para...

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará a pleno unha proposición para instar á Xunta de Galicia a aceptar os fondos do Plan Estatal de Vivenda 2026 – 2030

- Anuncio -spot_img

O voceiro municipal do Grupo Socialista no Concello de Santiago, Sindo Guinarte, anunciou esta mañá que presentarán no pleno do vindeiro 26 de xuño, unha proposición para instar á Xunta de Galicia a aceptar os fondos ofrecidos polo Goberno de España no marco do novo Plan Estatal de Vivenda 2026 – 2030, co obxecto de impulsar a creación de vivenda pública na comunidade.

En palabras de Sindo Guinarte, non foi comprensible o rexeitamento inicial do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á proposta do Executivo central durante a Conferencia de Presidentes do pasado 6 de xuño. O plan contempla unha aportación de 380 millóns de euros que permitirían construír 4.000 vivendas públicas en Galicia.

O voceiro socialista celebrou o aparente cambio de postura do Presidente da Xunta nos últimos días, a quen Guinarte insta para que o seu goberno adopte compromisos reais que permitan a materialización do plan, como o de elevar ata un 40% o financiamento da vivenda pública, así como a posta en marcha dun novo Plan Galego de Vivenda pública que vaia da man dos concellos á hora da súa implementación.
Ademais da dotación económica, Guinarte destacou que o Plan Estatal de Vivenda, promove tamén medidas estruturais como a blindaxe do parque público de vivenda – impedindo que caia en mans de especuladores ou fondos voitre- ou transparencia nos prezos de mercado,
“Santiago ten que estar na primeira liña de demanda e de esixencia deste plan” afirmou o voceiro municipal. Santiago de Compostela conta nestes intres con máis dun milleiro de persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda.

Publicacións Relacionadas