HomeA CoruñaO Grupo Municipal Socialista reclama información, garantías e transparencia antes de votar...

O Grupo Municipal Socialista reclama información, garantías e transparencia antes de votar o traspaso da UMAD ao Sergas

- Anuncio -spot_img

Os socialistas reclaman un informe técnico e xurídico que aclare a situación do persoal desta unidade e garanta os seus dereitos, e avisa de que só dará o seu apoio cando traballadoras e traballadores reciban información oficial

O Grupo Municipal Socialista de Santiago amosou esta maña a súa preocupación pola falta de información no proceso de integración da Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD) no Sergas, que será levado a pleno.
A concelleira Marta Abal explicou que, aínda que consideran “natural o traspaso desta competencia, que dende o punto de vista funcional dependía do Sergas dende o ano 2007”, non comparten “as formas na que o goberno municipal está a xestionar este asunto”.
Abal lembrou que o Concello “ten os criterios claros relativos ao traspaso dende o 9 de outubro”, pero “o persoal afectado a día de hoxe non ten comunicación formal das condicións nas que se vai facer”. Indicou tamén que o grupo solicitou o 3 de decembro a acta íntegra da mesa de negociación, un informe da área de Persoal e un borrador do acordo de cesión, mais “a día de hoxe non temos información ao respecto”.
Sobre a negociación interna, a concelleira subliñou que non se convocou mesa até o 29 de novembro, algo que cualificou de “chamativo” e que, segundo manifestou, xerou “malestar das traballadoras e traballadores”.

Marta Abal sinalou que o grupo municipal socialista necesita información “para poder decidir con convicción”, e que a corporación “non ten información” suficiente para votar sobre o traspaso. Ademais, destacou que faltan informes e garantías para o persoal afectado, o que impide valorar adecuadamente o asunto e asegurar a protección dos seus dereitos.

Dereitos e obrigas non acreditados
Pola súa banda, o concelleiro Gumersindo Guinarte sinalou que “a día de hoxe non existe ningunha proposta formal por escrito que diga que a integración é obrigatoria e os efectos que se derivan desa integración”, e insistiu en que “os dereitos e obrigas non están acreditados no expediente”. Engadiu que o persoal debería recibir “formalmente e por escrito a situación na que se van atopar” antes do 1 de xaneiro, data prevista da integración.
Guinarte indicou ademais que, malia recibir un borrador de decreto e anexos de persoal e medios, “non recibimos as condicións nas que se vai acceder ou adscribir o inmoble ao Sergas, nin un informe que “desporte xurídico á integración obrigatoria dese persoal e que garanta os seus dereitos adquiridos”.
O Grupo Municipal Socialista concluíu que a información que falta é “imprescindible para poder decidir con convicción” e reiterou ao Goberno a entrega dos informes técnicos e xurídicos pendentes, así como a comunicación oficial ao persoal afectado.

Publicacións Relacionadas