HomeA CoruñaO Grupo Socialista alerta da situación límite do persoal de animación sociocultural...

O Grupo Socialista alerta da situación límite do persoal de animación sociocultural sen cobrar desde outubro

- Anuncio -spot_img

A concelleira socialista Marta Abal denuncia a falta de pagamento ao persoal do Servizo de Animación e Dinamización dos Centros Socioculturais e reclama unha resposta inmediata do goberno de Goretti Sanmartín.

A concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Marta Abal, advertiu hoxe da grave situación que están a vivir as traballadoras e traballadores do Servizo de Animación e Dinamización dos Centros Socioculturais, que levan varios meses sen percibir as súas nóminas.
“Estamos a 3 de xaneiro e as traballadoras e traballadores do Servizo de Animación e Dinamización dos Centros Socioculturais seguen sen cobrar as súas nóminas desde o mes de outubro”, denunciou Abal.
A concelleira socialista detallou que se trata de catro pagamentos pendentes, sen que exista información clara sobre cando se fará efectivo o cobro.
“Falamos de catro nóminas: outubro, novembro, decembro e a paga extra de decembro. A día de hoxe estas persoas non saben cando van cobrar, nin tan sequera saben se se lles vai pagar o que se lles debe”, sinalou.
Marta Abal cualificou a situación de “grave, inxusta e intolerable” e responsabilizou directamente ao goberno municipal encabezado por Goretti Sanmartín pola falta de solucións.
“Desde o Grupo Municipal Socialista esiximos que o Concello actúe xa, que deixe de mirar para outro lado e dea información inmediata, fixando unha data concreta de pagamento e garantindo que todas as cantidades pendentes se abonarán antes de que remate o mes de xaneiro”, concluíu.

Publicacións Relacionadas