Home A Coruña O Grupo Socialista quere que o goberno renda contas do grao de...

O Grupo Socialista quere que o goberno renda contas do grao de cumprimento dos acordos plenarios: “o contrario, diría a alcaldesa, é un baleirado de contidos do pleno”

- Anuncio -

Lembran que se trata dunha proposta que a propia Goretti Sanmartín demandou en febreiro do 2020: “xa nos estraña que, despois de 9 meses de goberno, non puxese en práctica o que ela mesma demandaba”


Poñen como exemplo de propostas respaldadas por unha maioría da Corporación a eliminación da zona ORA en Santa Marta, melloras no asfaltado de San Lourenzo e Carme de Abaixo ou actuacións en Rial de Conxo


O texto inclúe ademais a apertura dun espazo na web municipal para facer seguimento dos asuntos aprobados no Pleno e a emisión por streaming das roldas de prensa da Xunta de Goberno e dos voceiros municipais

Os socialistas proporán no vindeiro pleno a inclusión cada trimestre, na sesión ordinaria correspondente, de un punto na orde do día para dar conta do seguimento das iniciativas aprobadas e das xestións realizadas para a súa execución. Con esta medida, o grupo socialista busca “favorecer a democratización na toma de decisións” e fomentar “que se cumpra o que se acorda”. Unha iniciativa que, lembran, xa defendeu a alcaldesa na súa época de oposición, en febreiro de 2020: “agora tocaralle poñerse fronte o espello e mostrarlle á veciñanza de Compostela ata onde chega a súa coherencia”.

O portavoz dos socialistas, Gonzalo Muíños, tirou da hemeroteca para recordarlle a Sanmartín defendeu que foi ela mesma a que asegurou que “as iniciativas que se aproban con un respaldo maioritario da Corporación, deben levarse adiante”, incluso cando o goberno non as respalde porque, o contrario, “suporía un baleirado do contido do Pleno”.

“Xa nos estraña que despois de 9 meses no goberno non puxese en práctica o que ela mesma pediu ao anterior executivo hai catro anos” replicou Muíños tirando de retranca, que denunciou a actitude do goberno bipartito: “parece que, con absterse, xa se desentenden dos acordos plenarios”. Así, o edil socialista asegurou estar “convencido” de que “se ela -Sanmartín- estivera na oposición e vise a un goberno que desoe o sentir maioritario das e dos representantes da cidadanía poría o grito no ceo”.

“Resístome a pensar que a señora Sanmartín puidese cambiar tanto de parecer desde que ten o bastón de mando”

Apelando á coherencia do actual equipo de goberno -CA tamén respaldara esta proposta cando foi debatida en febreiro do 2020-, o tamén socialista Sindo Guinarte destacou que esta iniciativa “rescata o espírito da señora Sanmartín, de cando era portavoz da oposición”. Guinarte lembra que esta cuestión, o cumprimento dos acordos plenarios, foi unha das bandeiras que enarborou a actual rexedora, “pero neste primeiro ano de mandato deveu esquecelo”. Un esquecemento “non sabemos se intencionadamente ou non” pero que confían en que se corrixa a partir do pleno de este mércores.

“Queremos saber se vai respectar o mandato do pleno, é dicir, o que ela entendía que era democracia, ou non” afirma con rotundidade Guinarte que cita como exemplos de acordos plenarios apoiados pola maioría da Corporación a eliminación da zona ORA en Santa Marta -no mes de marzo-, a realización de actuacións de mellora no ámbito de San Lourenzo e o Carme de Abaixo -en xaneiro- ou o mantemento do aparcadoiro en superficie entre a Avenida de Ferrol e Doutor Maceira -tamén de xaneiro-. Tamén a ampliación do parking en Altiboia.

A proposta dos socialistas inclúe ademais dúas das iniciativas que a alcaldesa defendera no seu momento ao solicitar a creación dun espazo web para facer seguimento dos asuntos aprobados no pleno, “para que calquera veciña ou veciño poida saber se unha moción foi aprobada e en que situación administrativa está”. Tamén a recuperación da emisión por streaming da rolda de prensa dos asuntos da Xunta de Goberno, así como as das e dos portavoces dos grupos municipais para “como dixo a propia alcaldesa, que a cidadanía poida coñecer de primeira man información de relevancia”.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas