Home A Coruña O humorista e actor Pepo Suevos abre este venres o ciclo “Novembro,...

O humorista e actor Pepo Suevos abre este venres o ciclo “Novembro, mes do humor”

- Anuncio -

Catro espectáculos para público adulto co mellorciño do humor galego protagonizarán as tardes-noites dos venres ao longo do mes de novembro no Concello de Fene. Este venres, coincidindo coa entrega dos Premios Curuxa 2024 dá comezo o ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor” co que o Museo do Humor Xaquín Marín conmemora o seu aniversario. Todos os espectáculos comezarán ás 20.00 horas e a entrada será de balde, previa recollida de invitacións (até un máximo de dúas por persoa adulta) na conserxería da Casa da Cultura de Fene, o mesmo día da función a partir das 19 horas. Aforo limitado. O ciclo está organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural)

A primeira actuación do “Novembro, mes do humor”, o venres 8 de novembro, correrá a cargo do humorista e actor ferrolán Pepo Suevos cunha función titulada “Á caída”. Trátase dun espectáculo “totalmente improvisado e interactivo, no que a información que ofreza o público será a que irá compoñendo o contido, así que no caso de tocar temas escabrosos, o público será o culpable (ou cando menos, cómplice). E por suposto, se se tratan os temas “de sempre”, será o auditorio o que peque de pouco orixinal, e nunca o tipo do escenario, que ten que estar áxil e receptivo para que a pelota non caia ó chan. Así que Pepo Suevos recolle todo isto e presenta un show aberto, atrevido, arriscado e sobre todo, moi divertido, no que cada función será única, xa que todo o que aconteza durante o espectáculo, irá xurdindo Á Caída”.

A segunda sesión do “Novembro, mes do humor” será o venres 15 de novembro e contará con Leti da Taberna presentando “Enredada”, o seu primeiro monólogo no que “explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma”.

O “Novembro, mes do humor” continuará o venres 22 de novembro con Avelino González actuando na Casa da Cultura de Fene e presentando “Eran ellas!”. Neste espectáculo, Avelino lembra que “os príncipes azuis son un invento moderno. Antes de que os Grimm, Perrault, Andersen ou Walt Disney collesen eses contos, as mozas pelexaban con dragóns, as vellas salvaban ós novos, Isolda valíase sen Tristán, as princesas … Antes de que eses contos fosen adaptados á moral, a tradición era máis plural e irreverente. Máis divertida, vaia. E ser home era máis descansado!”

O ciclo pechará o venres 29 de novembro cun monólogo, “Contos de defuntos (e outros asuntos)”, a cargo de Brais das Hortas. Serán “contos de mortos que non están tan mortos, da Santa Compaña que non era tan santa, de aparecidos e visións… de todas estas causas que rodean a vida e a morte en Galicia, e das que nunca está de máis falar un pouco. Porque o mundo cambia. O noso mundo, o dos vivos… e quen sabe se o dos mortos tamén cambiou! Porque, aínda que haxa luz eléctrica, nunca se sabe onde se che pode aparecer algo…”

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas