HomeA CoruñaO humorista JJ Vaquero fará rir co seu espectáculo no novo Auditorio...

O humorista JJ Vaquero fará rir co seu espectáculo no novo Auditorio municipal de Ribeira no 22 de febreiro

- Anuncio -spot_img

 A venda das entradas comeza mañá

O novo Auditorio municipal de Ribeira encherase de gargalladas no domingo, 22 de febreiro, ás 17.30 horas, co coñecido humorista JJ Vaquero, quen estará na cidade co seu monólogo de stand-up comedy Vaquero. Aquí ofrece a súa particular visión da vida cotiá cun estilo directo e sen filtros.

Durante o show, Vaquero converte en humor as súas experiencias diarias; situacións aparentemente triviais cun ton ácido e próximo que conecta co público. Este espectáculo evoluciona co tempo e presenta ao artista en estado puro.
“Comezamos o ano anunciando novas propostas que se incorporan á oferta cultural de Ribeira e que teñen como epicentro o novo Auditorio municipal. Novamente, coa produtora local Aquelarre, traemos un show que, de seguro, nos fará rir”, manifesta a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

A venda das entradas comezará no venres, 9 de xaneiro, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 25 euros, máis gastos de xestión.

Publicacións Relacionadas