Home A Coruña O IV Urban Trail Polígono de Bergondo colaborará co Banco de Alimentos...

O IV Urban Trail Polígono de Bergondo colaborará co Banco de Alimentos Rías Altas

- Anuncio -

· A carreira solidaria celebrarase o 28 de setembro ás 10:30 horas.

· Está organizada polo Concello e a Comunidade de Propietarios do Polígono.

· As inscricións xa poden formalizarse na web www.carreirasgalegas.com.


A cuarta edición do Urban Trail Solidario Polígono de Bergondo celebrarase o vindeiro sábado, 28 de setembro. A proba, organizada polo Concello e a Comunidade de Propietarios do Polígono, volverá concentrar na área industrial bergondesa por centos de deportistas para colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas, ao que se doará o 100% do recadado.

A proba, na que colaboran o Club Atlético Bergondo e a Federación Galega de Atletismo. As inscricións para participar xa están abertas na páxina web www.carreirasgalegas.com. Hai diferentes modalidades: carreira de 6 km, de 1 km, de 500 metros e de 100 metros; e andaina de 6 km. Ademais, cada participante poderá achegar un quilo de alimentos antes da saída da proba. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores antes da proba, 25 de setembro.

Para máis información as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a administracion@poligonodebergondo.com ou chamar ao teléfono 981 795 422.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas