Home A Coruña O IX Certame de relato curto “Xosé Neira Vilas” ábrese á participación...

O IX Certame de relato curto “Xosé Neira Vilas” ábrese á participación de persoas adultas de Boqueixón

- Anuncio -

O Concello de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPI Antonio Orza Couto, convoca o IX Certame de Relatos Xosé Neira Vilas co obxectivo de potenciar a lectura e a promover a lingua galega escrita como medio de creación e comunicación. Como novidade, este ano o certame estará aberto a calquera persoa adulta interesada de Boqueixón así como a escolares matriculados no centro educativo do concello. En ambos casos, os traballos deberán entregarse na biblioteca municipal ou no CPI Antonio Orza Couto antes do 21 de abril.

Establécense catro categorías: 3º e 4º de Primaria, 5º e 6º de Primaria, Secundaria e Adultos. Cada participante poderá presentar un único relato, de temática libre. Os traballos serán propios e inéditos, escritos a ordenador (letra Calibri, tamaño 12). O texto entregarase en galego, podendo incluír ilustracións. A extensión mínima é de 40 liñas (1ª e 2ª categoría), 60 liñas (3ª categoría) e 80 liñas (adultos).

Para garantir o anonimato, o relato irá identificado coa categoría á que opta e cun pseudónimo. A ficha de participación cos datos correspondentes irá nun sobre pechado que estará grampado ao texto.

Por cata categoría hai tres premios de 125, 100 e 75€ en vales en libros e material escolar, así como diploma e unha edición do libro de recompilación dos relatos. A entrega dos premios terá lugar nun acto co gallo do Día das Letras Galegas. Consulta as bases en www.boqueixon.gal.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas