HomeA CoruñaO IX Festival Rúa Ext-Cénica enche de cultura, arte e diversión as...

O IX Festival Rúa Ext-Cénica enche de cultura, arte e diversión as rúas de Santa Cruz, Santa Cristina e Mera do 11 ao 13 de xullo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oleiros organiza os días 11, 12 e 13 de xullo unha nova edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa, RÚA EXT-CÉNICA; un festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa destinado a público xeral cuxos espectáculos son gratuítos e para público familiar e adulto.

Prazas e parques do noso Concello serán o escenario dos artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas transformando a rúa nun marco propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.

PROGRAMACIÓN:

VENRES 11 DE XULLO
CIRCO – Back 2 Classics, “Planeta trampolí”. 20:00 h, Parque do Emigrante (Santa Cruz)

CIRCO – Carpa Diem, “Dolce Salato”. 21:00 h, Praza Esther Pita (Santa Cruz)

SÁBADO 12 DE XULLO
TEATRO – Pedras de Cartón, “Moby Dick”. 20:00 h, Parque José Martí (Santa Cristina)

CONCERTO – Eladio y los Seres Queridos. 21:15 h, Praza Afundida (Santa Cristina)

DOMINGO 13 DE XULLO
MÚSICA INFANTIL – A Gramola Gominola, “As que máis molan da gramola”. 12:30 h, Praza da Lagoa (Mera)

CIRCO – N+1 Cía e Cuarteto Alicerce, “Divertimento!”. 20:00 h, Praza Esther Pita (Santa Cruz)

Publicacións Relacionadas