Home A Coruña O laboratorio de sanidade animal de Mabegondo realizou en 2020 un 15%...

O laboratorio de sanidade animal de Mabegondo realizou en 2020 un 15% máis de ensaios que no 2019 ata chegar a case 295.000

- Anuncio -

A maioría das probas corresponderon aos programas das asociacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) e o resto ás relacionadas coas campañas de saneamento gandeiro

O laboratorio de sanidade animal de Mabegondo realizou no ano 2020 preto de 295.000 ensaios, dos que case 77.000 corresponderon a probas relacionadas coas campañas de saneamento gandeiro (tuberculose, brucelose, leucose e perineumonía) e algo máis de 217.000 aos programas das asociacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) de control da paratuberculose e a neosporose, entre outras doenzas.

En total, leváronse a cabo uns 45.000 ensaios máis que o ano anterior, o que supón un incremento do 15% en relación co exercicio de 2019. Así o destacou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, durante a súa visita a este centro dependente da Consellería do Medio Rural.

Este centro, xunto co de sanidade animal de Salcedo (Pontevedra) e o de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lasapaga, situado en Lugo) constitúen a rede de laboratorios da Consellería do Medio Rural. Os tres intégranse dun xeito coordinado nun sistema de xestión da calidade único.

O Lasapaga é o laboratorio principal, sendo os de Mabegondo e Salcedo centros de apoio para a realización de diagnósticos naquelas áreas nas que o traballo é mais intenso, como poden ser as campañas de saneamento gandeiro ou os programas de control sanitario das ADSG.

Provincia da Coruña
As analíticas realizadas no laboratorio de Mabegondo corresponden ás mostras procedentes das campañas de saneamento e ás enviadas polas 18 ADSG de gando bovino da provincia da Coruña. No caso do control da brucelose, este centro é o único que realiza as probas en leite de tanque de toda Galicia, debido á súa proximidade co Laboratorio Interprofesional Galego do Leite (Ligal), que subministra as mostras de todas as explotacións leiteiras recibidas nas súas instalacións.

Nas instalacións de Mabegondo localízasese tamén o almacén do Servizo provincial de Gandaría da Coruña, xestionado mediante un controlador pecuario que colabora ademais noutras actividades.

Pola proximidade ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), o laboratorio participa ademais, xunto a algunhas ADSG, en accións de cooperación con este centro respecto a enfermidades incluídas nos programas de control da Consellería do Medio Rural. Así, actualmente os dous centros participan nunha acción de cooperación titulada “Apoio ao diagnóstico da rinotraqueítis infecciosa bovina (IBR) no marco dos programas sanitarios das ADSG de Galicia”.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas