O Mago Teto chega este xoves a Neda co espectáculo de ilusionismo “O Afiador”

adminON
Lectura mínima de 1

Neda pon en marcha este xoves, 17 de xullo, unha nova edición do programa de lecer ao aire libre “Miúdo verán. Cultura en familia”. O espectáculo de ilusionismo “O afiador”, protagonizado polo Mago Teto, será o encargado de inaugurar a iniciativa, especialmente pensada para a xente máis nova da casa.

A contorna do albergue de peregrinos acollerá, a partir das 20 horas, o show, no que as historias dos afiadores-un oficio que tivo o seu apoxei nos séculos XVIII e XIX- que percorrían milleiros de quilómetros, coa única compaña da súa roda, chegan á escena coa axuda do ilusionismo.

O espectáculo xira ao redor dunha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus devanceiros, e nel emprega para os seus efectos de maxia elementos típicos dos afiadores (coitelos, tesoiras, navallas, paraugas…)

A proposta chega a Neda, no marco do programa Cultura no Camiño, co que o Agadic busca contribuír á dinamización cultural das localidades polas que pasan as diferentes rutas xacobeas nos meses de maior afluencia de peregrinos e visitantes.

Comparte este artigo