Home A Coruña O mercado ecolóxico chega este domingo a Novo Mesoiro cunha ampla variedade...

O mercado ecolóxico chega este domingo a Novo Mesoiro cunha ampla variedade de produtos sustentables

- Anuncio -

A iniciativa, na súa modalidade de Mercado de Compra Sustentable, estará situada no parque da tirolina de 10.00 a 15.00 horas

Os mercados ecolóxicos promovidos polo Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Mercados, Comercio e Barrios, chega este domingo a Novo Mesoiro, na súa modalidade de Mercado de Compra Sustentable. Esta iniciativa situarase xunto ao parque da tirolina, onde se celebran as festas do barrio, de 10.00 a 15.00 horas.

Os novos mercados ecolóxicos promovidos polo Concello botaron a andar neste mes de maio coa principal novidade de que se amplía a súa celebración a todos os domingos do mes.

Deste xeito, o primeiro e terceiro domingo se situará no Campo da Leña, como é habitual; o segundo estará na praza da Tolerancia, en Labañou; e o cuarto rotará por diferentes barrios, sendo Novo Mesoiro o primeiro. O obxectivo é poder ofrecer e expandir os produtos ecolóxicos e de orixe local ao maior número de persoas.

En Novo Mesoiro haberá diferentes actividades para todas as idades. Durante toda a mañá haberá un espazo infantil para as crianzas. De 10.00 a 12.00 horas haberá troco de roupa.

De 11.00 a 13.00 horas, Urban Sketchers. De 11.30 a 12.30 horas haberá un obradoiro de cometas. De 13.00 a 14.00 horas haberá unha actuación musical.

Ademais, haberá dúas modalidade de mercado: o Mercado Ecolóxico, que será o que se celebra no Campo da Leña, e o Mercado de Compra Sustentable, correspondente ao da praza da Tolerancia e ao rotatorio. Os mercados do Campo da Leña estarán especializados en produtos ecolóxicos, que acreditan criterios éticos e/ou sustentables na sua produción, elaboración ou materias primas. Os mercados na Praza da Tolerancia, e outras ubicacións, fomentarán a economía circular e a compra responsable, aplicando a regra das 4R (reducir, reutilizar, reciclar e recuperar). O obxectivo é poder ofrecer o maior número de produtos de economía sostible e actividades paralelas como obradoiros, concertos e actividades para os máis pequenos.

Todos os mercados celebraranse no mesmo horario, de 10.00 a 15.00 horas. Toda a información relativa a cada unha das sesións que se celebre poderase atopar nas redes sociais do mercado (@mercaecocoruna) e nas propias do Concello da Coruña.

Relacionadas

A II Edición de Fly A Coruña reúne na cidade a 160 axentes de...

0
As exposicións céntranse en rutas aéreas que conectan con Galicia, destinos invitados e retos das axencias de viaxes Un total de 160 axentes de viaxes,...

49 pilotos compiten este sábado na primeira das tres probas de autocross que acollerá...

0
A Escudería Máis Motor e o Concello de Carballo presentaron a carreira desta fin de semana, a terceira do campionato galego Volve o autocross ao...

‘A Muiñeira dos Queixas’, peza elixida para o XXXV Día da Muiñeira de Arteixo...

0
• Serán 32 grupos os que se dean cita a tarde do domingo 11 de xuño no Paseo do Balneario desde as 18:00 horas...

O Concello de San Sadurniño abre o prazo de solicitude de abonos para a...

0
O vaso estreará esta temporada un elevador para persoas con mobilidade reducida A piscina municipal de San Sadurniño volverá abrir ao público o luns 19...

O Concello de Lousame abre o prazo de preinscrición no Verán Activo 2023

0
Dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos, as actividades terán lugar do 10 ao 21 de xullo O Concello de Lousame abre...

Neda abre o prazo para facer a comunicación previa das fogueiras do San Xoán...

0
O Concello de Neda abre hoxe o prazo para a comunicación das fogueiras das tradicionais celebracións de San Xoán e de San Pedro. Unha...

Publicacións Relacionadas