Home A Coruña O mércores 19 de febreiro celebrarase a IV Feira de Orientación académica...

O mércores 19 de febreiro celebrarase a IV Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros

- Anuncio -

O próximo mércores 19 de febreiro celebrarase no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a IV Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de formación profesional, educación secundaria e Bacharelato.

Trinta entidades entre as que se atopan Universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostalaría, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño…), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias entre outras, informarán durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.

Durante a mañá, de 9.30 a 13.30 horas, uns 660 alumnos e alumnas dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados por mestres e orientadores, visitarán a Feira en distintas quendas. Pola tarde, de 16:00 a 18.00 horas, o evento abrirá ás súas portas a todo o público interesado.

Este encontro está organizado polo Concello de Oleiros en colaboración do Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros de ensinanza secundaria existentes no concello, IES Neira Vilas, IES María Casares, IES Miraflores e Colexio Hijas de Cristo Rey.

Relacionadas

O proxecto de reurbanización da rúa Portugal entra na recta final

0
A actuación forma parte do plan de acondicionamento da mazá formada tamén polas rúas Reus e Andorra Catro meses despois do inicio dos traballos, e...

Un ferido leve nun choque no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao aviso dun choque entre un vehículo e unha cabeza tractora. Unha das persoas implicadas resultou...

Diana Cabanas celebra o potencial emprendedor da Coruña na XIV Gala do Premio Xove...

0
A concelleira destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey co impulso do talento mozo e a innovación empresarial A concelleira de concelleira de Emprego,...

Conciliación e emprendemento, protagonistas do primeiro evento no Coworking Miño

0
O coworking Miño é o espazo elexido por Paula García Otero para ensinar estratexias que fomenten redes de colaboración no primeiro evento do espazo,...

A liña que une San Vicente e o David Buján sumará novas paradas a...

0
· A partir do luns, 17 de febreiro, veranse beneficiadas tres frecuencias desta liña (de uso compartido polo alumnado do instituto e os veciños...

Os III Seminarios de Defensa Persoal Feminina chegan á Pobra do Caramiñal

0
A Pobra do Caramiñal acollerá, o vindeiro sábado 08 de marzo, un dos Seminarios de Defensa Persoal Feminina promovidos pola Deputación da Coruña. Este seminario,...

Publicacións Relacionadas