O monográfico forestal Galiforest Abanca, o cal celebrará a súa oitava edición en 2026 no monte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), conta estes días cun stand promocional no certame Asturforesta. Esta cita asturiana ten lugar desde hoxe e ata o sábado no concello de Tineo.
Ademais desta presenza expositiva, un equipo comercial da Feira Internacional de Galicia ABANCA visita durante estas xornadas aos distintos expositores da feira asturiana para darlles a coñecer as vantaxes de participar na vindeira convocatoria de Galiforest Abanca.