O Museo do Gravado de Artes cumpre 25 anos divulgando cultura dende o rural

Redacción

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou no acto co gallo do 25º aniversario do Museo do Gravado de Artes celebrado hoxe. Hai aniversarios que non son só unha celebración do tempo transcorrido. Son a confirmación de que unha idea, un soño e unha aposta valente eran o camiño correcto. Hoxe celebramos vinte e cinco anos do MUGART, pero, sobre todo, celebramos vinte e cinco anos de cultura, de beleza, de creatividade e de compromiso cunha sociedade mellor. Porque a arte non é un luxo. A arte é unha necesidade. É memoria, é identidade, é liberdade. É unha forma de entender o mundo e tamén de transformalo.’’

Para a rexedora, ‘’os pobos que apostan pola cultura son pobos máis libres, máis críticos, máis creativos e máis humanos. E por iso un museo como o MUGART ten un valor que vai moito máis alá das súas paredes. É un espazo de encontro, de aprendizaxe e de inspiración. Un lugar onde cada obra nos fala, nos interpela e deixa unha pegada en quen a contempla.’’

Sampedro tamén amosou o seu orgullo por ser unha institución museística destas características en Ribeira, o cal converte ao municipio ‘’non referente cultural. E ese prestigio débese, en boa medida, ao MUGART.’’

Comparte este artigo