Home A Coruña O Museo Man acollerá as exposicións ‘Surf’, de Pep Guerrero e ‘Canyissos’,...

O Museo Man acollerá as exposicións ‘Surf’, de Pep Guerrero e ‘Canyissos’, colectiva, no mes de setembro

- Anuncio -

· A inauguración terá lugar hoxe, venres 2 de setembro, ás 20 horas.

· Chegan a Camariñas da man da asociación Art amb B, a través do Instituto de Estudios Baleares.

O Museo Man de Camelle albergará, do 2 ao 25 de setembro, dúas exposicións que a asociación ‘Art amb B’ trae a Camariñas a través do Instituto de Estudios Baleares: ‘Surf’, do reputado artista Pep Guerrero, e ‘Canyissos’, unha mostra colectiva de 16 autores.

A inauguración destas dúas exposicións, comisariadas por Toni Torres, terá lugar hoxe, venres 2 de setembro, ás 20 horas. Para a inauguración non estarán dispoñibles, por cuestións de transporte alleas á organización, as pezas de ‘Canyissos’, que chegarán a semana que vén.

En ‘Surf’ as persoas que se acheguen poderán ver un total de 14 pezas, creadas a través de partes de táboas de surf, cortadas, que saen da parede ou do chan e nas que o artista multidisciplinar mallorquino Pep Guerrero incorporou as súa pinturas. “Paisajes, estampados de papel pintado, todo lo que me gusta lo incluyo en una pieza”, explica el artista.

No caso de ‘Canyissos’, exporanse 16 pezas formadas polas táboas que antigamente se usaban nun pobo de Mallorca chamado Porreres para secar albaricoques. Sobre elas traballaron 16 artistas diferentes, incluídos dous galegos: a camariñana Puri Lema del Río e o vimiancés Xurxo Martiño.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas