HomeA CoruñaO Museo Man busca testemuñas de persoas que coñeceran a Manfred Gnädinger...

O Museo Man busca testemuñas de persoas que coñeceran a Manfred Gnädinger para realizar un documental sobre a súa vida

- Anuncio -spot_img

As persoas interesadas en colaborar poden escribir aos correos proxectoman@gmail.com e museos@camarinas.net ou chamar aos teléfonos 981 978 876 e 981 710 224.

O Museo Man de Camelle está a buscar testemuñas de persoas que coñeceran ou coincidiran con Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, para realizar un documental sobre a súa vida e obra dentro da iniciativa ‘Proxecto Man: A Costa da Morte na mirada’.

Colabora así coa produtora Vizuals Lab, encargada da realización desta peza audiovisual, e que leva xa varios anos traballando neste proxecto realizando diferentes entrevistas tanto a familiares como a coñecidos de Man, así como recompilando material de arquivo inédito. Por exemplo, o ano pasado conseguiron contactar con Joan Mallarach, realizador catalán que posuía gravacións de Man dos anos 80.

O obxectivo é realizar o documental máis completo posible sobre a vida deste artista ermitaño que se afincou na Costa da Morte. Por iso, é necesaria unha gran labor de investigación, tanto de material de arquivo como de testemuñas. Non podemos esquecer a gran labor do Museo Man de Camelle, que reuniu e conservou a maior parte da obra artística que existe hoxe en día de Manfred.

Durante este primeiro semestre do ano 2021 realizaranse convocatorias abertas para todo aquel que queira participar neste documental e no proceso de investigación. Este é un proxecto colaborativo onde toda persoa que coñeceu a Man pode achegarse a contar a súa historia.

Aquelas persoas interesadas en colaborar poden poñerse en contacto a través dos correos electrónicos proxectoman@gmail.com e museos@camarinas.net ou nos teléfonos 981 978 876 e 981 710 224.

O proxecto conta coa colaboración da Deputación da Coruña, xa que obtivo unha subvención para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia da Coruña durante o ano 2020.

Publicacións Relacionadas