Home A Coruña O novo San Andrés avanza coa extensión do pavimento e a plantación...

O novo San Andrés avanza coa extensión do pavimento e a plantación das moreiras que o configurarán como bulevar

- Anuncio -

A alcaldesa, Inés Rey, acompañou aos nenos e nenas de 5º de Primaria do Eusebio da Guarda na plantación dunha das árbores

Alumnas e alumnos do CEIP Eusebio da Guarda protagonizaron hoxe o acto simbólico que marcou o punto de partida da plantación do novo arboredo en San Andrés, onde xa son visibles as moreiras de Valdeorras que darán forma ao bulevar da rúa, ao abeiro das obras de reurbanización que está a executar o Concello.

A orixe desta iniciativa ten as súas raíces nunha carta que recibiu a rexedora dun dos alumnos participantes no acto, Javier Burque, que solicitou ao Concello apostar por unha cidade máis verde e con máis arboredo. Hoxe, Burque e os seus compañeiros plantaron eles mesmos unha árbore nunha rúa onde non as había e que con cerca de 80 exemplares pasará a ser un bulevar. A este respecto, xa se plantaron 15 moreiras en San Andrés, e nos vindeiros días chegarán á rúa outro medio cento de exemplares.

A alcaldesa, Inés Rey, e a directora do colexio, María Blanco, acompañadas polas titoras da rapazada, acompañaron ás 24 nenas e nenos, na plantación da mesma especie que xa había en San Andrés a finais do século XVIII. A única diferencia é a variedade de moreira. As actuais son fruitless, para evitar os froitos manchen o pavimento.

O acto desta mañá, ao que tamén asistiron os concelleiros e concelleiras José Manuel Lage, Francisco Díaz Gallego e Noemí Díaz, tivo lugar na contorna da igrexa castrense de San Andrés, onde este luns comezaron os traballos de formigonaxe previstos no treito entre a rúa Nova e Pórtico de San Andrés, cos primeiros remates na plataforma central delimitada para o paso do tráfico rodado, con dous carrís de circulación, un por sentido.

Neste sentido, e a medida que avancen as obras cara o cruzamento de San Andrés coa praza de Pontevedra, o Concello ten previsto que a plantación das moreiras se vaia levando en cabo en
Nota de Prensa
paralelo ás obras de pavimentación e ampliación das beirarrúas, coa progresiva creación dos espazos e alcorques necesarios para ubicar o arboredo.

Rey lembrou que o Concello, que destina 3,2 millóns de euros ás obras de mellora na rúa, busca revitalizar San Andrés atendendo á súa postal orixinal, respectando e devolvendo á actualidade parte da súa imaxe histórica, e tamén tendo en conta as súas necesidades actuais, “potenciando a visibilidade dos pequenos negocios e gañando espazos públicos para o paso das e dos peóns”.

Relacionadas

Unha trintena de persoas participaron nunha andaina circular por Boqueixón seguindo os feitos históricos...

0
Algo máis de trinta persoas participaron este domingo nunha andaina circular e gratuíta organizada polo Concello de Boqueixón. Un percorrido de 13 quilómetros polas...

A Concellaría de Xuventude organiza unhas xornadas de sensibilización sobre as tecnoadiccións dirixidas ás...

0
O Concello de Santiago, a través do departamento de Xuventude, pón en marcha unhas xornadas de sensibilización sobre a problemática das tecnoadiccións, dirixidas ás...

Obradoiro de BD este sábado ás 12.00 h no Lustres Rivas

0
Este sábado 16 de novembro ás 12.00 h volvemos ter actividade no Lustres Rivas para as persoas máis pequenas da casa. FalaRedes trae a Ribeira...

A Coruña converterase na capital do turismo de congresos coa oitava edición de Nego.Connection...

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou o evento que reunirá na Coruña a 600 profesionais do sector esta fin de semana Santos...

O Concello ofrece unha programación con medio cento de actividades xuvenís ate finais de...

0
Componse de citas no Espazo Xuvenil O Remanso xunto cos programas ‘Nocturnia’ e ‘Xoves de Achegas’ cos que o Goberno continúa ofrecendo alternativas de...

O Concello de Lousame pon en marcha a campaña “Quérenme ben”, de sensibilización contra...

0
O prazo para participar estará aberto ata o 29 de novembro O Concello de Lousame, en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, vai desenvolver...

Publicacións Relacionadas