Representantes de 12 entidades, institucións e empresas acenderon o obelisco xunto coa alcaldesa, Inés Rey, para dar comezo ao 2023 de forma anticipada cun evento que reuniu a máis de 3.500 persoas
O Obelisco Millenium volveu acenderse esta noite logo de 11 anos apagado, nun evento festivo con badaladas, cotillón e as actuacións musicais de “De la O” e “Garufa Blue Devils Band”. O monumento foi restaurado polo Goberno de Inés Rey no presente mandato, sumándose á nómina de símbolos emblemáticos da cidade recuperados como o Xardíns de Méndez Núñez, o Kiosko da Praza de Ourense ou a Praza do Humor.
Pablo Portabales e Teba Chacón foron os encargados de conducir un acto, presidido pola alcaldesa, Inés Rey, xunto con doce representantes de diferentes entidades, institucións e empresas de referencia na cidade, para dar comezo ao 2023 de forma anticipada. Máis de 3.500 persoas acudiron ao paseo para festexar de forma anticipada o inicio do ano.
Os encargados de devolverlle a luz ao obelisco foron o barítono Borja Quiza; Dava Torres, capitán do Hockey Club Liceo; Diego Villares, o xogador do Real Deportivo La Coruña; Mónica Mella, Praceira da Praza de Lugo; Mónica Pérez Méndez, Inspectora Compañía de Tranvías; Carmela Álvarez, Representante de Down Coruña; Jacinto Luis Torres Fraga, Presidente da Cociña Económica; Diego García, Responsable de Ventas de Bonilla; María José Lombardía, Vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade; Mª Luisa Varela, Presidenta da Federación de Asociacións de Veciños da Coruña; Manuel Vázquez, Presidente da Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña. AFAC e Juan Carlos Corrás, Presidente da Lonxa da Coruña.



