Home A Coruña O obradoiro dual de emprego “Camiño ao emprego” lanza catro rutas para...

O obradoiro dual de emprego “Camiño ao emprego” lanza catro rutas para dar comezo á Semana Santa

- Anuncio -

Os Concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo ofrecerán esta experiencia turística nos respectivos municipios.

O alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “Camiño ao emprego” na especialidade de Promoción turística local e información ao visitante organiza catro rutas para o comezo de Semana Santa. Os Concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo serán os encargados de acoller aos visitantes para desfrutar desta experiencia cultural.

Os eventos comezarán o día luns 29 de marzo cunha ruta pola vila de Camariñas chamada “A muller, o encaixe e o mar” que pretende poñer en
valor a figura das mulleres na vila mariñeira.

A hora de saída será as 11:00 horas da mañá xunto á estatua da muller e terá unha duración aproximada dunha hora e media. O martes 30 poderemos asistir a unha visita guiada polo castelo de Vimianzo para coñecer a historia do seu concello e da fortaleza medieval. O punto de encontro terá lugar na entrada do Castelo ás 11:00 horas da mañá e durará sobre corenta minutos.

Para rematar estas xornadas teremos o mércores 31 de marzo dúas visitas pola vila de Muxía. Ás 11:00 horas da mañá poderemos asistir á ruta “Coído, zona cero” para coñecer a realidade do Prestige e visitar o Museo do Voluntariado. Cunha duración duns corenta minutos aproximadamente terá como punto de partida a praza do Coído.

Por último, ás 12 da mañá, tamén neste municipio, ofrecerase un agradable paseo pola costa muxiana co roteiro “Vila de salitre” que amosará a
cultura mariñeira deste lugar onde se unen realidade e misterio.

As visitas guiadas terán un aforo limitado a catro persoas por mor das restricións sanitarias polo que será necesario anotarse previamente por vía
telemática, indicando nome e teléfono de contacto, ao seguinte correo electrónico: turismo.caminoaoemprego@gmail.com.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas