Home A Coruña O Padroado da Cultura ofertará a vindeira semana 225 prazas para os...

O Padroado da Cultura ofertará a vindeira semana 225 prazas para os Campamentos Culturais no Pazo

- Anuncio -

O Padroado da Cultura ofertará un total de 225 prazas nos Campamentos Culturais que se desenvolverán este verán. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, que informou que o prazo de inscrición permanecerá aberto do 12 ao 16 de xuño e que terán preferencia á hora de participar os menores empadroados en Narón.

Os Campamentos culturais de verán diríxense a menores de 3 a 12 anos, e desenvolveranse en tres quendas de quince días cada unha. A primeira delas será do 3 ao 14 de xullo; a segunda do 17 ao 28 de xullo e a terceira do 31 de xullo ao 11 de agosto. O prezo por participante é de 50 euros por quincena e os grupos serán dun mínimo de 12 persoas e un máximo de 15. En total haberá dous grupos de menores de 3 a 5 anos; outros dous de 6 a 9 e un de 10 a 12 anos, tal e como se explicou.

Os campamentos desenvolveranse en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, nas instalacións do Pazo da Cultura, se ben se poderá realizar a entrada a partir das 8.00 horas. Durante as diferentes quendas levaranse a cabo actividades como xogos tradicionais, manualidades, baile (tradicional, de salón, moderno, caribeños…), haberá proxeccións de cine, xogos en equipo, actividades de relaxación, vencelladas ao coñecemento dos instrumentos tradicionais, xincanas, etc.
As inscricións deben formalizarse en horario de mañá, de 9.00 a 13.00 horas, nas oficinas do Pazo da Cultura, na rúa Holanda.

A iniciativa súmase ao programa Aventura-T, que se levará a cabo no mes de xullo na Casa da Mocidade, na Gándara, e para o que se habilitaron 20 prazas para menores nados entre 2006 e 2010 e ao programa “Tempo de verán e conciliación”, que ofertou 72 prazas para menores de entre 3 e 12 anos e que se levará a cabo nas instalacións do CRA de Domirón, no Alto do Castiñeiro.

“Trátase de propostas encamiñadas a axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar durante a tempada estival, ofrecendo unha serie de propostas á cidadanía lúdicas e tamén cunha parte didáctica adaptada ás idades das nenas e nenos”, apuntou.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas