O Concello, en coordinación co club, ofreceu de xeito gratuíto as instalacións para que a afición puidera ver o encontro, mais flinalmente o partido no se poderá ver en aberto
O Concello e o Leyma Básquet Coruña decidiron, de mutuo acordo, suspender a retransmisión do partido do domingo, que enfrontará en Lugo ao equipo coruñés e ao Club Baloncesto Breogán, no primeiro derbi galego entre ambos conxuntos na máxima categoría nacional.
A falta de dereitos de emisión imposibilita este evento pese aos esforzos conxuntos levados a cabo polo Concello e o club. Desde ambas institucións buscouse dar unha alternativa a aquelas persoas afeccionadas do conxunto coruñés que non poderán estar presentes no Pazo dos Deportes de Lugo ante o escaso número de entradas dispoñibles á venda.
Desafortunadamente, non será posible levar a cabo este evento e abrir o Coliseum á afección laranxa o domingo ás 12.30 horas. O Concello e o Leyma Básquet Coruña lamentan as molestias que se puideron causar ás persoas que pensaban asistir este domingo ao recinto multiusos municipal.