Onte pola tarde celebráronse os dous plenos, extraordinario e ordinario, programados nun principio para o pasado luns 25 e adiados por mor do pasamento do pai do tenente de alcalde, Vicente Mariño.
A xornada desenvolveuse con normalidade até o tramo final do pleno ordinario, concretamente no punto 17, onde se debatía a proposición do PP presentada por edil Ana Barreiro sobre a campaña dos bonos “AmaRibeira”; a tensión dialéctica comezou a subir cun cruzamento de reproches até que finalmente o grupo do Partido Popular abandonou o pleno de forma vociferante.
Máis alá deste capítulo a tarde dou para moito ca celebración dun pleno extraordinario e a continuación o ordinario de mes de novembro.
Pleno Extraordinario: “Concesión da Medalla de Ouro do Concello de Ribeira á Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño”
Por iniciativa do grupo do Partido Popular solicitouse a convocatoria deste Pleno Extraordinario cun único punto na orde do día: “Concesión da Medalla de Ouro do Concello de Ribeira á Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño” coma recoñecemento ao labor desenrolado nos seus cen anos de historia consolidándose coma referente económico , social e cultural do noso municipio.
Ca presenza no acto do actual Patrón Maior da confraría, José Antonio Santamaría aprobouse por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro para a xa centenaria Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño.
Suárez-Puerta subliñou, “lamentamos que a proposta non fora posta en común en consenso por tódolos membros da Corporación”, tamén fixo referencia a instrumentalizar politicamente este tipo de actos para sacar rédito político; e salientou que “as futuras iniciativas institucionais sexan consensuadas para que o rédito político non empaña o propio espírito solemne do propio acto”.
Vicente Mariño se manifestou na mesma liña que Suárez-Puerta ao respecto do consenso e cualificou de “oportunismo” dita concesión.
Recordou que “no anterior mandato falárase de facer e traer nomeamentos e distincións ao pleno unha vez consensuado con tódolos grupos” e engadiu “lle recordo que sempre houbo unha norma non escrita que tódolos nomeamentos e distincións se acordarían con tódolos grupos para evitar debates innecesarios, en palabras do anterior rexedor”
Vicente recordoulle ao Patrón Maior un episodio do pasado que tiña que ver ca decisión do corte da concesión da ameixa e navalla polo libre marisqueo na Ría de Arousa “un problema que segue igual e que ocasionou grandes repulsas e protestas por parte dos mariscadores de Aguiño xa que a confraría quedouse sen un anaco da concesión inicial”. Mariño resaltou que dita concesión da medalla está embazada por aqueles sucesos que lembran os veciños de Aguiño pero “loxicamente o PBBI non oporá a dita concesión”.
Cruz Rivadulla tamén apelou á falta de consenso e falou de oportunismo político, “algo nunca feito até este momento”.
Barral manifestou que non quere empanar esta votación por respecto ao propio acto, pero para futuras condecoracións institucionais haberá que consensualas por garantía institucional.
Aprobación de recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobación inicial do suplemento de crédito
Aprobáronse os dous puntos con 11 votos a favor ca suma de Bng, PBBI e PSdG e 10 abstención do PP; os dous puntos da orde do día mestúranse para a seu posterior debate que parte dun informe de intervención do 13 de novembro no que se repara a realización dos gastos por omisión de requisitos e trámites esenciais, en concreto a inexistencia de crédito suficiente e axeitado no momento de realizar o gasto.
Para elo haberá que levantar o reparo contido no referido informe de intervención, continuando coa tramitación do expediente, aprobar o recoñecemento extraxudicial de créditos 3/2024, aprobar e dispor gasto de 172.598,34 euros e recoñecer a obriga nas aplicacións correspondentes.
Tamén o suplemento de crédito referido aos gastos derivados da organización de actividades festexos con cargo ao remanente por un montante de 103.805,73 euros
A concelleira de facenda argumentou que dito suplemento de crédito se inclúen os servizos prestados dende moi atrás sen crédito orzamentario. Servizos que foron prestados no seu día, con facturas que veñen de atrás dende o 2019 sen certificar e facturar. Por exemplo 23.466 euros, da actuación lavadoiro de Artes, a factura polo bombeo (bypass) no paseo marítimo Coroso polo colector de augas residuais, 4.919 euros pola valla de madeira no Parque da Rochela en Palmeira, traballos de drenaxe Palmeira, casetas do polideportivo da Fieiteira, facturas nas actuacións de festas de verán nas parroquias de Ribeira, 16.000 instalación baños públicos na Dorna…
Pouso rematou “a xente que traballa ten que cobrar”
Suárez-Puerta informou que é unha ampliación de crédito consensuada, enumerou unha morea de gastos derivados dos festexos e comunicou que “co orzamento anterior non era viable e tivo que pagarse en base ao remanente, e que non se entenda mal; que non se vai a pedir ningún préstamo”. Tamén informouse que o concello ten que facer fronte ás diferentes multas por ocupación de Portos por mor dos diferentes festexos por valor de 53.000 euros.
Modificación do “contrato de xestión, mediante concesión administrativa, dos servizos públicos de abastecemento de auga potable e saneamento do concello de ribeira” e “reequilibro económico do contrato subscrito con Viaqua, SAU. derivado da súa solicitude de reequilibro, da modificación do contrato e da revisión de prezos para os anos 2021 a 2024”
Novamente mesturanronse no debate dous puntos, o punto catro e cinco para a súa posterior aprobación por unanimidade.
Barral introduciu o debate afirmando que basicamente consiste na inclusión duns bombeos que se foron facento ao longo de tempo e que non estaban recollidos nese contrato tamén na eliminación de puntos que até do agora xa non están en uso, “polo tanto adecuar a realidade do contrato á actual que temos hoxe en día no sistema”, en segundo lugar o punto quinto é o reequilibro do contrato con Viaqua; ca revisión extraordinaria deribada da modificación de este contrato e unha segunda cuestión en referencia á compra da auga do Ulla.
Ribeira abastécese basicamente do río Sieira, regatos de Palmeira e a do río Ulla que ten un custo superior ao do rio Sieira. Por dilatacións da Xunta á
hora de concedernos unha maior volume de auga do río Sieira estamos tendo que pagar moito máis do que deberíamos deste contrato. Aparte das revisións extraordinarias tamén hai unha ordinaria aplicable do 2021 a 2024. Estas revisións supoñen un saldo a favor de Viaqua de 473.000 euros.
Pouso explicou polo miúdo a actualización do contrato, enumerou unha listaxe dos bombeos e traballos realizados, na que as cuantías máis importantes son as da EDAR de Bretal e do Touro.
A concesionaria recorreu para incluír novos bombeos que se irán incorporando cando estean operativos.
Pouso afirmou, “impórtanos a subida de prezos, buscamos o reequilibro de contas e gastos. Nivelar o que se carga aos veciños e a retribución á concesionaria”.
Revisión do prezo do contrato mixto de suministros e de servizos para a prestación do servizo integral de iluminación pública exterior do concello de ribeira subscrito con Ferrovial Construcción, S.A. para os exercicios 2023 e 2024.
Aprobouse por unanimidade este servizo adxudicado a empresa Ferrovial dende o ano 2015 o vindeiro ano rematará o contrato co Concello de Ribeira e actualmente con esta revisión dos prezos do 2023 e 2024 nos deixa unha diferencia a favor da empresa duns 195.000 euros, a partir do ano próximo terase que mirar como se vai a xestionar este servizo de mantemento do alumeado público exterior sabendo que hai actualmente moitas necesidades que ao longo destes últimos anos non se estiveron tendo en conta como os reforzos de iluminación que a veciñanza coñece e que veñen de atrás e que se constata nas zonas existentes no concello que están actualmente en penumbra.
Liquidación do contrato de concesión e obra pública para a construción, xestión do aparcamento da praza do Centenario e aprobación inicial do crédito extraordinario 2/2024 e operación de crédito CE 2/2024, liquidación do aparcadoiro do Centenario.
Aprobouse por 11 votos a favor e 10 en contra do PP nos tres puntos despois do debate que incluían os puntos sete oito e nove sobre traxectoria e o actual contexto de remunicipalización do aparcadoiro do Centenario; a liña do tempo chegou ao seguinte punto de liquidación para determinar o importe resultante da liquidación do contrato de concesión e obra pública para a construción e xestión do aparcamento da Praza do Centenario.
O informe emitido servizos de Tesourería, Intervención, Contratación e Secretaría do Concello de Ribeira, en data 14/11/2024 propón estimar parcialmente as alegacións presentadas por Lorenzo Hernando Juan Manuel, en representación de PROMOCIONES INMOBILIARIAS DEL PISUERGA, S.A (R.E. nº 202425705, de data 15/10/2024), referidas á normativa aplicable e á base de cálculo nos termos recollidos no informe emitido polos servizos de Tesourería, Intervención, Contratación e Secretaría do Concello de Ribeira. Desestimar as alegacións restantes presentadas e rexeitar a apertura do período probatorio de acordo cos fundamentos xurídicos do informe emitido polos servizos de Tesourería, Intervención, Contratación e Secretaría do Concello de Ribeira.
De acordo aos importes calculados no informe emitido polos servizos de Tesourería, Intervención, Contratación e Secretaría do Concello de Ribeira de data 14/11/2024, o importe da RPA serían de 1.614.065,02 euros polo que a corporación terá que votar pola aprovación inicial do crédito extraordinario 3/2024 e pola operación de credito para a liquidación do aparcadoiro do Centenario. A esta cifra haberá que engadir o importe dos xuros de demora, tomándose como data aproximada de abono o 30/12/2024, resultando un importe de 198.996,37 euros.
Rivadulla salientou que a xestión de foi un erro, despois de repasar a cronoloxía de dita privatización até a posterior remunicipalización de agora. “Dende o Goberno local faremos os esforzos necesarios para levar a bo porto esta remunicipalización” sinalou Cruz.
Luís Pérez puxo en valor o informe de intervención, e que está amparado polo tribunal supremo este aparcadoiro que é dos máis baratos do país.
Herminia aposta de remunicipalización con prezos asumibles “e eu creo que isto nos ten que dar forza para mellorar esta infraestructura”.
Suárez-Puerta “un exemplo do que non debe facer pola vontade de privatizar”.
Aprobouse por unanimidade a solicitude da empresa Urbaser, S.A., de autorización para a substitución da garantía definitiva constituída para responder das obrigacións derivadas da contratación do “Contrato de xestión do servizo público de limpeza pública urbana, recollida e transporte de residuos sólidos urbanos (excluída a fracción de vidro) e xestión do punto limpo”.
Tamén por unanimidade a “Modificación da ordenanza fiscal xeral do concello de Ribeira” que permitirá a veciñanza a facilitar o fraccionamento de débedas salvo incumprimentos; poderanse examinar os casos de forma personalizada dos pagos dependendo da capacidade da veciñanza
Unanimidade para a proposición PP presentada “Sobre o derribo da casa ocupas sitas en Romero Ortiz” onde Vicente Mariño asentiu en referencia ao recente desaloxamento “non fagan alarma, non presumimos desta actuación, este goberno púsoxe a traballar para acelerar o proceso de desafiuzamento e estamos traballando noutros focos”
O rexedor sinalou que “ non se debe utilizar este tema con rédito político senón estar xuntos nun tema tan sensible e importante”
Finalmente a proposición do PP presentada por Ana Isabel Barreiro sobre a campaña dos bonos “AmaRibeira” acompañada cunha emenda do Bng foi o detonante para que todo o grupo municipal do PP abandonara o salón de plenos e dar por finalizado este pleno ordinario.
Pouso argumentou que non se puideron facer os bonos nas datas anteriores por de que as contas están tensionadas e “hai que establecer prioridades ”pero se contemplaran no vindeiro ano para datas de pouca actividade” e para finalizar “se nos van os cartos en servizos que non son de competencia municipal”.
Betanzos, “os bonos se crearon para incentivar o gasto na pandemia, agora no contexto actual os bonos se executarán para os meses de menor actividade consensuado co comercio”.