HomeA CoruñaO Partido Popular de Oleiros critica a actitude do Concello con relación...

O Partido Popular de Oleiros critica a actitude do Concello con relación ás marquesiñas do autobus en Oleiros

- Anuncio -spot_img

Sinalan os Populares que substituír non é colocar sen máis

O debate sobre as marquesiñas en Oleiros leva anos aberto. Tras modelos que cumprían a súa función de resgardo e que foron abandonados por problemas de vandalismo —unha cuestión de mantemento e responsabilidade, non de deseño—, optouse por instalar marquesiñas reducidas a unha simple cuberta elevada de vidro, sen protección real fronte á chuvia nin ao vento.
Na actualidade estanse a anunciar actuacións que se presentan como colocacións de novas marquesiñas cando, nalgúns casos trátase da substitución de modelos xa existentes e ineficaces, como ocorre na parada situada diante da farmacia de Dorneda.
Ademais, a comunicación municipal omite que as novas marquesiñas son subministradas pola Xunta de Galicia, correspondendo ao Concello únicamente a súa instalación, adxudicándose así un mérito que non lle corresponde na súa totalidade.
“Xa empeza a resultar grotesco que neste asunto, do mesmo xeito que outros temas no pasado, cando a Xunta acomete unha actuación saia Gelo “patas pa arriba” asegurando que el a levaba demandando desde hai tempo e que era unha obrigación da administración autonómica. O de sempre, el encárgase de crear todos os problemas e ten que vir “papá-administración” a resolvelos”, manifestou a Voceira Popular Loli Silva.

Publicacións Relacionadas