Os populares pedirán explicacións no Pleno.
O Partido Popular de Sada únese á denuncia de veciños de Fontán, ante o incumprimento da normativa ambiental en materia de recollida e xestión de residuos ao facer provisión de material sobrante de obras como a da rúa Sanjurjo Badía,
á cal cualifican de “ desastrosa e preocupante “ , nunha parcela particular, ao final do histórico e pintoresco barrio de Fontán, protexido por Patrimonio, nun enclave mariñeiro de Sada.
O terreo está situado nunha zona protexida, ao comezo dun dos “ roteiros “ máis visitados do Concello, seguindo a espectacular costa de Carnoedo. Á súa entrada reza un cartel do concello: “Prohibido verter cascallos, residuos, restos vexetais e calquera outro elemento ou substancia prexudicial para ou medio ambiente”.
Este domingo a portavoz do Partido Popular, visitou a zona podendo comprobar o recheo con restos de material de obra e a provisión de tubaxes, plásticos, madeiras, espellos e sinais de tráfico, tapas de sumidoiros, e ata uralitas e canos de fibrocemento e amianto, co perigo que iso conleva.
A pedimento dun veciño, presentouse alí a policía local para recoller a denuncia, e informar ao concello.
SEPRONA e “ A Valedora do Pobo” recibiron xa tamén denuncias sobre estes e outros aspectos da devandita obra .
Os Populares critican a falta de responsabilidade e exemplaridade ante a cidadanía ao incumprir o goberno do señor Portela as súas propias ordenanzas, como a de Medio ambiente,
“ ordenanzas que si esixen aos veciños á hora de solicitar permisos para realizar obras nas súas vivendas, leiras ou propiedades privadas” comenta Esperanza Arias, portavoz do Partido Popular de Sada.
Inciden desde esta agrupación, na falta de ética e coherencia no discurso político de Sadamaioría e do BNG, ao non denunciar estes feitos ou outros similares como tamén se poden apreciar noutra zona protexida como son as Brañas, con restos de obra “ paralizada” da Avd.Parroco Villanueva.
“ Sanjurjo Badía, Avd. De Sada e os seus Contornos e Párroco Villanueva, tres claros exemplos da pésima xestión deste goberno, de obras inacabadas e mal executadas” conclúe Arias, a cal tamén nos adianta , que volverán esixir respostas no pleno do porqué doutra incomprensible actuación do señor alcalde, ao apoiar a xestión de Nostián,《 que leva anos incumprindo o tratamento de residuos )e o acordo do Consorcio de perdoar máis de 7 millóns de euros á empresa concesionaria deste servizo sen contar con acordo plenario e sen informes por parte dos técnicos do concello.
Falar de delito ambiental, é falar dun crime, castigado polo penal.