Home A Coruña O pavillón da Gándara acollerá este xoves o “IX Trofeo de fútbol...

O pavillón da Gándara acollerá este xoves o “IX Trofeo de fútbol sala Cidade de Narón”

- Anuncio -

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e un dos integrantes da directiva do club de fútbol sala Cidade de Narón, Roberto Ortega, presentaron esta mañá o “IX Trofeo de fútbol sala Cidade de Narón”. O evento, tal e como indicaron, celebrarase este xoves, día 28, a partir das 21:30 horas nas instalacións co complexo polideportivo municipal da Gándara. O club local xogará co club de fútbol sala Pondedeume e a entrada é de balde.
Ortega explicou que “quixemos corresponder ao club de Pontedeume, que tamén nos convidou a nós a xogar no seu concello durante as festas das Peras, e é un club amigo co que temos unha relación moi cordial”.
O concelleiro de Deportes destacou a traxectoria do Cidade de Narón, actualmente en terceira nacional, e a súa labor, con equipos nas categorías dende biberón ata o primeiro equipo. “É un dos clubs de referencia na nosa cidade, en canto ao número de deportistas e tamén pola súa traxectoria no tempo”, asegurou Santalla, que lle desexou sortea os xogadores do club local neste evento.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas