Home A Coruña O Pazo acolle este sábado a representación da peza teatral N.E.V.E.R.M.O.R.E.

O Pazo acolle este sábado a representación da peza teatral N.E.V.E.R.M.O.R.E.

- Anuncio -

A compañía de teatro Chévere traerá este sábado ao Pazo da Cultura a obra N.E.V.E.R.M.O.R.E, unha peza da súa propia autoría, coproducida co Centro Dramático, e de cuxo elenco forman parte Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Artantza Villar e Borja Fernández. A representación dará comezo ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Esta peza de teatro contemporáneo rescata a temática da catástrofe ecolóxica do Prestige para desenvolver unha narrativa escénica sobre o presente. Os produtores defínena como unha forma de acudir á memoria colectiva dun dos pobos que se poderían borrar do mapa sen que pase nada, pero que no 2002 non se deixou convencer polas mentiras dos que dicían que non pasaba nada. A peza é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que segue rodeando a catástrofe do Prestige.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas