Home A Coruña O petar das fichas do dominó volve este sábado á nave do...

O petar das fichas do dominó volve este sábado á nave do Mercado de Moeche

- Anuncio -

O recinto acolle a partir das 16:00h o torneo aberto puntuable para o Campionato de España

A nave do Mercado de Moeche acollerá na tarde deste sábado, a partir das 16:00h, o III Open de Dominó organizado pola Asociación Recreativa Deportiva CVM, integrada por amantes deste deporte-xogo dos municipios de Cerdido, Valdoviño e Moeche. Tralo parón obrigado da pandemia, o petar das fichas volverá soar nunha cita adaptada ás medidas preventivas que, ademais, é clasificatoria para o Campionato de España 2021. Para anotarse ou solicitar máis información sobre o aberto hai que chamar ao 636 110 492. A inscrición ten un prezo de 20€ por persoa.

O Open de Dominó disputarase cun formato reducido para encaixalo no horario de tarde, de modo que en vez de xogarse a 7 partidas a organización optou por concentralo en enfrontamentos a 4 partidas (ata 350 puntos) dentro dun tempo máximo de 55 minutos.

CVM prega puntualidade para iniciar o aberto e no seu posterior desenvolvemento, tendo en conta ademais que a normativa federativa para este tipo de competicións prevé penalizacións no caso de que se produzan retrasos.

O Concello de Moeche colabora coa entidade cedendo o recinto e tamén cos premios. Haberá trofeo para as tres primeiras parellas calsificadas. Ademais, quen formen parte do CVM ou do Club Pito Doble -outro dos referentes da zona- tamén optarán a levar cadansúa paletilla.

Durante todo o desenvolvemento do aberto será obrigatorio o uso da máscara, xunto co uso de xel hidroalcólico e a desinfección de mesas e material entre partidas. Tamén fará falla ocupar máis espazo da nave para asegurar as distancias entre mesas e, da mesma maneira, desde o Concello prégase a máxima responsabilidade individual poñendo en práctica todas as recomendacións preventivas.

Relacionadas

Nova programación durante o mes de maio nas Casas da Mocidade de Oleiros

0
Durante o mes de maio terán lugar numerosas actividades e obradoiros no Centro da Mocidade das Pedras (Perillo) e en Portaberta (Santa Cruz) para...

O Concello de Oleiros organiza unha ruta pola Costa da Morte norte: de...

0
O Concello de Oleiros organiza unha ruta pola Costa da Morte enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza para o próximo...

Xa están en marcha as obras de mellora de accesibilidade e iluminación do local...

0
· Este é un dos proxectos seleccionados no proceso dos Orzamentos Participativos en 2023. · Os traballos eliminarán o chanzo dunha das entradas, ampliarán as...

O Banco de Alimentos Rías Altas e Voluntariado Cambre asinan acordo de colaboración en...

0
O Banco de Alimentos Rías Altas e Voluntariado Cambre asinan acordo de colaboración en cuestión de voluntariado. Voluntariado Cambre participará en campañas e eventos organizados...

O BNG solicita convocar de xeito inmediato a Comisión Especial do Aeroporto

0
Urxe a transparencia e concretar a información á veciñanza As alegacións non foron contestadas A nova “pegada sonora” do Aeroporto de Albedro está aprobada, sen resposta...

Accidente de tráfico na rúa Doutor Lamas e Andrés, no Concello da Pobra do...

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira recibiron ás 20:30 horas da tarde de onte, mércores 24 de abril, unha chamada alertando dun...

Publicacións Relacionadas