Home A Coruña O Plan de Proximidade Local do Concello de Narón propón unha vintena...

O Plan de Proximidade Local do Concello de Narón propón unha vintena de proxectos para desenvolver na cidade

- Anuncio -

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou esta mañá no Concello os resultados do Plan de Proximidade Local do Concello de Narón. O presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, Ángel José Torreiro, e o presidente da Asociación de Veciños Chafarís, Manuel Suárez, acudiron á convocatoria, tras participar nas xornadas que se celebraron previamente para elaborar o estudo presentado.

Pita iniciou a súa intervención destacando as vantaxes da economía de proximidade e a importancia que ten para os concellos. “É moi importante fomentar a economía local e certas actividades e servizos que fagan crecer á cidade e nesa liña xoga un papel fundamental este traballo, do que quero agradecer a colaboración que recibimos por parte de todas as persoas que participaron no mesmo”, indicou o edil naronés.

Un dos aspectos sobre os que afondaron na falla de desenvolvemento do sector primario na cidade e tamén nos efectos da pandemia, que nese ámbito permitiron incrementar o senso de pertenza e colaboración, o que pode representar unha oportunidade para ofrecer máis apoio ao comercio e a produción local, tal e como se reflicte no estudo. O plan de dixitalización das administracións, o aproveitamento dos recursos naturais, a cooperación, o I+d+i… marcan as liñas estratéxicas a seguir no ámbito da economía de proximidade.

A implantación de mercados municipais para incrementar os proveedores locais, a promoción de campañas de sensibilización cidadá para fomentar o consumo local e a fidelización dos produtos locais son tres desas liñas estratéxicas recollidas no estudo presentado hoxe.

Finalmente, Pita recordou algúns dos proxectos que se propuxeron no marco desta inciativa, como: un mercado de produtos de proximidade, unha plataforma de proveedores locais, campañas de fidelización dos consumidores locais, empresas de loxística local, a creación dunha comercializadora de produtos do campo e un circuíto rural de experiencias culturais.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas