A Concellaría de Formación e Emprego porá en marcha en febreiro o Plan formativo para o emprego, financiado pola Xunta de Galicia. A primeira acción deste ano será un curso de Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo non consumible, soldeo TIG, de nivel II.
As persoas interesadas en participar deben facer a solicitude nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), na planta baixa do edificio administrativo do Fórum Carballo. A proba de acceso está prevista para o 10 de febreiro, polo que as inscricións deben realizarse á maior brevidade.
Os requisitos de acceso sons os seguintes
ESO, ou equivalente
Certificado de profesionalidade de nivel II
Certificado profesional de nivel I da mesma familia profesional
Competencias clave nivel II
Ter superado un curso de formación específico preparatorio para o acceso a ciclos de grado medio
Superar unha proba de acceso a ciclos formativos de grado medio
Título de Formación Profesional Básica
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos
A acción formativa levarase a cabo no Fórum Carballo desde o 24 de febreiro ata o 1 de agosto, de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00. En total, 568 horas de formación que inclúen 80 de prácticas profesionais non laborais en empresas.