HomeA CoruñaO Planetario da Casa das Ciencias estrea este sábado a súa programación...

O Planetario da Casa das Ciencias estrea este sábado a súa programación especial pola eclipse solar do 12 de agosto

- Anuncio -spot_img

Os Museos Científicos Coruñeses estarán abertos todos os días da Semana Santa

O Planetario da Casa das Ciencias inicia este sábado, 28 de marzo, a súa programación especial sobre os eclipses solares, que precederá a este fenómeno astronómico que terá lugar o 12 de agosto e que A Coruña gozará desde unha posición privilexiada. “Baixo a marca ACoruñaCidadEclipse, o Goberno de Inés Rey está preparando durante estes meses diferentes actos divulgativos e promocionais vinculados á eclipse solar, co obxectivo de que o 12 de agosto sexa unha data histórica para a cidade”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

A programación do planetario da Casa das Ciencias, que incluirá catro sesións diarias do 28 de marzo ao 6 de abril, incorpora a estrea dunha sesión en directo cun contido especial dedicado ás eclipses solares, con motivo da que se poderá gozar desde A Coruña o 12 de agosto. Será unha sesión dirixida a persoas maiores de 10 anos na que se explicará que son as eclipses e a maneira máis adecuada e segura de observalas.

Ademais, durante a Semana Santa, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán as súas portas todos os días, incluídos os festivos. O horario de apertura será de 10.00 a 19.00 horas, sendo o último acceso ao Aquarium Finisterrae ás 18.00 e á Casa das Ciencias e a Domus ás 18.30 horas.

Carteleira do Planetario do 28 de marzo ao 6 de abril
• 11.30 horas: ‘A grande aventura do sistema solar’ (gal., maiores de 6 anos)
• 13.00 horas: ‘La noche es necesaria’ (cast., maiores de 10 anos) (excepto o sábado 28 de marzo)
• 17.00 horas: ‘Polaris’ (cast., maiores de 4 anos)
• 18.00 horas: Sesión en directo: ‘Vivir unha eclipse’ (cast./gal. maiores de 10 anos).

Publicacións Relacionadas