HomeA CoruñaO pleno acorda investir máis de 300.00 euros na mellora do Parque...

O pleno acorda investir máis de 300.00 euros na mellora do Parque José Martí

- Anuncio -spot_img

O pleno aprobou o investimento dun total de 318.410,76 euros para a renovación do pavimento do Parque José Martí. Este parque, situado en Santa Cristina e creado no 1992, é un fermoso punto de encontro para o lecer e a convivencia. A súa localización privilexiada e o seu elevado uso diario fan necesaria esta actuación.

Na mesma sesión, o pleno acordou os dous días festivos de carácter local para o 2026, que serán o martes de Entroido (17 de febreiro) e o luns de Pascua (6 de abril).

Entre outros asuntos, deuse conta da renuncia do concelleiro de Alternativa dos Veciños Jaime Rumbo Mosquera, así coma da aprobación dunha modificación orzamentaria de 5 millóns de euros destinados á ampliación de capital da empresa pública AquaOleiros. Este investimento permitirá impulsar un plan integral de renovación da rede de subministración de auga e de modernización tecnolóxica, co obxectivo de mellorar a eficiencia.

Publicacións Relacionadas