HomeA CoruñaO pleno aproba reclamar á Xunta a conexión da vía Ártabra coa...

O pleno aproba reclamar á Xunta a conexión da vía Ártabra coa AP-9, cos votos en contra de PSOE e BNG

- Anuncio -spot_img

A proposta do Goberno municipal de Alternativa dos Veciños, o pleno acordou reclamar á Xunta de Galicia a realización con urxencia de todos os trámites necesarios de forma correcta para a contratación da obra da vía Ártabra entre Iñás e A Gándara para a súa conexión coa AP-9. O PSOE e o BNG votaron en contra.

Tamén se aprobou reclamar á Xunta de Galicia o inicio da redacción do proxecto para continuar a vía Ártabra ata a A-6, unha vez se aprobe o proxecto de conexión coa AP-9.

A comarca da Coruña presenta un importante déficit de infraestruturas viarias, así como de medios de transporte público, axustados ás necesidades reais de mobilidade de cidadanía e empresas. Entre outras actuacións pendentes que mellorarían notablemente o tráfico, a máis transversal é a vía Ártabra: a gran circunvalación da comarca coruñesa que dará servizo a concellos e polígonos industriais de Cambre, Bergondo, Sada, Oleiros, Culleredo, Arteixo e A Coruña, creando conexións directas coa AP-9, a A-6 e outras vías principais. A vía Ártabra permitirá tamén aliviar o tráfico de forma xeral na rede viaria metropolitana, desconxestionando especialmente a Costa da Tapia en Cambre, a estrada da costa de Sada e Oleiros e a ponte da Pasaxe.

A primeira fase da vía Ártabra, desde o porto de Lorbé ata AP-9, sería xa neste momento unha realidade de no ser polo anterior Goberno de Cambre que atopou un suberturfuxo legal para que a xustiza paralizase a obra por erros administrativos cometidos polo Goberno autonómico bipartito.

Pasados xa máis de 4 anos desa sentenza xudicial, non se entende que a Xunta de Galicia continúe sen reiniciar os trámites para retomar a obra.

Intereses persoais de representantes políticos de Cambre, mentalidades localistas, cálculos electoralistas ou discursos demagóxicos dalgúns grupos políticos non poden frear durante máis tempo unha infraestrutura supramunicipal clave para o progreso da comarca da Coruña no seu conxunto, máis se cabe co grave problema de mobilidade existente na área metropolitana máis importante de Galicia.

Publicacións Relacionadas