Home A Coruña O Pleno de Brión aproba dúas modificacións de crédito de 1,1 millóns...

O Pleno de Brión aproba dúas modificacións de crédito de 1,1 millóns de euros para o pago de actuacións realizadas para que poidan pagarse antes de que finalice o ano

- Anuncio -

O Concello de Brión celebrou este mediodía unha sesión plenaria extraordinaria na que se aprobaron dúas modificacións de crédito con cargo ao Remanente Líquido de Tesourería para Gastos Xerais por un importe de 1.168.000 euros. Unhas partidas que servirán para abonar actuacións realizadas en materia de obras e servizos antes de que finalice este ano e que foron aprobadas cos 6 votos a favor do PSOE e as 5 abstencións de PP (3) e BNG (2).

A primeira modificación consiste nun crédito extraordinario de 500.000 euros, mentres que a segunda é un suplemento de crédito doutros 668.000 euros. Neles figuran gastos moi diversos, dende obras como os 114.000 euros para o arranxo urxente de pistas municipais, os 43.000 euros para repoñer o parque infantil de Agronovo, actuacións de mellora do saneamento (36.000 euros) ou a mellora do alumeado na Telleira (21.000 euros) ata actuacións de mellora en instalacións municipais (gardería, local da Policía local…) e actividades culturais.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, explica que “todo o que se fixo foi en beneficio dos veciños e veciñas, se ben recoñezo que podería terse feito mellor. Asumo a miña responsabilidade e, como dixen anteriormente nas reunións mantidas cos grupos parlamentarios, este non é o camiño que quero seguir. Esforzarémonos moito máis para facer as cousas mellor”.

O voceiro do BNG, Xosé Manuel Penas, pediu a palabra para xustificar a abstención do seu grupo: “abstémonos por lealdade institucional, que nos impide votar en contra para non crear máis prexuízos ás empresas que fixeron estas actuacións”. Un voto que condicionou “a contar con toda a información do procedemento”.

Neste sentido, o alcalde brionés comprometeuse ante o Pleno a que “todo se fiscalizará e se xustificará. E a partir de agora imos traballar para facer as cousas moito mellor”, unha tarefa na que contará coa axuda do novo Interventor municipal, cuxa incorporación o pasado mes de outubro pon fin a varios anos de interinidade nun posto clave na xestión municipal.

Relacionadas

“Compostela prende o Nadal” este venres co acendido do alumeado que dá inicio ás...

0
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas; e a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, avanzaron esta mañá o...

Luces e música para da-la benvida ao Nadal na Pobra no 30 de novembro

0
A Pobra do Caramiñal dará a benvida ao Nadal co tradicional acto de acendemento do alumeamento e inauguración do belén municipal no 30 de...

A pista de xeo da II República abre o venres 29 de novembro

0
Oleiros contará con dous núcleos de actividades de ocio relacionadas co nadal, situadas en Perillo e Santa Cruz. O venres 29 iniciará a súa...

A obra de Manuel Carballeira Rivas volve á Galería do Concello de San Sadurniño

0
O pintor chairego afincado en Valdoviño foi en 2014 o primeiro artista en expoñer o seu traballo na nova sede municipal Carballeira Rivas é un...

Luz verde á nova ordenanza SITE, que mellorará o urbanismo na cidade regulando as...

0
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o proxecto construtivo da nova pista multideporte da urbanización Breogán. A alcaldesa, Inés Rey, informoulle este luns...

A mocidade de Paderne contará con formacións gratuítas en competencias dixitais

0
 O Concello de Paderne ofrece xunto coa Fundación Cibervoluntarios dúas formacións de balde para rapazada de 9 a 13 anos e de 14...

Publicacións Relacionadas