Home A Coruña O pleno de Cambre aproba por unanimidade a moción de Alternativa sobre...

O pleno de Cambre aproba por unanimidade a moción de Alternativa sobre a finalización do paseo da ría

- Anuncio -

Todos os grupos políticos do Concello de Cambre votaron a favor da proposta de Alternativa dos Veciños de demandar da Dirección Xeral da Costa e o Mar que contrate no prazo máis breve de tempo as obras para completar os tramos de paseo marítimo pendentes na ría entre Cambre e Oleiros, dotándoos de boas condicións de seguridade e accesibilidade para que Cambre e Oleiros queden conectados co paseo marítimo.

Que a cidadanía poida circular por toda a ría a pé ou en bicicleta por un paseo litoral é o obxectivo da demanda.

Tras a realización das obras de recuperación integral e dragado da ría do Burgo, dada a súa magnitude, resultaba razonable pensar que quedarían conectados os paseos marítimos de Culleredo, Cambre e Oleiros, para poder circunvalar a ría camiñando, abrindo así tamén aposibilidade futura da conexión co Concello da Coruña, cando se acometa o tramo pendente na zona das Xubias e A Pasaxe. Non só era razonable pensalo senón que estaba contemplado no proxecto inicial que foi contratado, di a moción presentada ante o Pleno de Cambre.

“Todo transitable”
Mesmo tras finalizar as obras, a propia Dirección Xeral da Costa e o Mar anunciaba nos medios de comunicación que o bordo litoral da ría era todo transitable, o que por desgraza para o conxunto da cidadanía da comarca, e especialmente para os cambreses e as cambresas, non é certo. A día de hoxe existen dous tramos de escasos metros carentes de paseo marítimo, un no límite do entre Cambre e Oleiros e outro xa no interior de Oleiros.

Resulta indignante que tras un investimento de 37,5 millóns se deixase sen abordar un aspecto menor en canto á cuantía económica pero de grande relevancia para a mobilidade do conxunto da cidadanía da comarca. Non é de recibo que se deixase o paseo de Cambre incomunicado co de Oleiros, interrompendo drasticamente o que podería ser un itinerario sostible de decenas de km.

Continuidade rota
Esta ruptura da continuidade entre Cambre e Oleiros resulta un grave inconvinte non só para os centos de persoas que cada día utilizan este itinerario para o seu ocio activo, senón tamén para a cidadanía do Concello de Cambre que usa o paseo da ría como a alternativa ciclista máis eficaz para conectar con Santa Cristina, a Ponte da Pasaxe e o carril bici da avenida da Pasaxe, unha alternativa segura á N-VI.

Na actualidade non é posible desprazarse desde O Graxal ata A Pasaxe ou Santa Cristina camiñando, en bici ou noutro vehículo de mobilidade persoal, xa que é necesario interromper dúas veces de xeito abrupto o paseo, por non dispoñer do firme e condicións axeitadas de accesibilidade para alcanzar os paseos de Oleiros.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas