HomeA CoruñaO Pleno do Concello de Laxe aproba novos investimentos por valor de...

O Pleno do Concello de Laxe aproba novos investimentos por valor de 130.000 €

- Anuncio -spot_img

O Concello de Laxe celebrou onte un pleno ordinario no que se aprobaron por unanimidade os puntos da orde do día, coa participación dos grupos municipais do Partido Popular, BNG e Podemos, mentres que o grupo do PSOE non asistiu á sesión.

Un dos acordos máis destacados foi a aprobación do proxecto técnico de reurbanización do tramo norte da Rúa Camiño da Besugueira, incluído no Plan Complementario ao POS+ 2025, cun orzamento total de 130.000 euros. O financiamento da obra corresponde á Deputación da Coruña e ao propio Concello de Laxe.

Este proxecto permitirá mellorar unha das vías principais do municipio, modernizando servizos e infraestruturas, co obxectivo de incrementar a calidade de vida da veciñanza e contribuír ao desenvolvemento urbano sostible.

Dende o goberno municipal destácase a importancia deste investimento como parte da aposta por mellorar os espazos públicos e continuar avanzando na renovación das infraestruturas locais.

Publicacións Relacionadas