Convocada unha concentración de apoio ao alcalde Javier Gestal este martes ás 8 da tarde
Un grupo de veciños e veciñas está a facer unha convocatoria de concentración para este vindeiro martes 2 de setembro ás 20:00 horas no Campo da Feira en apoio ao lexítimo alcalde de Carral, Javier Gestal. En contra do votado libremente nas pasadas eleccións municipais por unha inmensa maioría, os tránsfugas Francisco Bello e Mercedes Caridad vanlle dar a alcaldía de Carral ao Partido Popular e a José Luis Fernández Mouriño mediante unha moción de censura.
Polo momento continúa sen coñecerse cal é a contraprestación para que os dous tránsfugas voten esta moción de cunsura. Dous individuos, supostamente de esquerdas, que detestaban a figura de Mouriño en público e en privado, con todo tipo de descalificacións tanto no plano persoal como no político. O tempo acabará por revelar que hai detrás de toda esta operación contra a vontade popular e a democracia.
Desde Alternativa dos Veciños faise un chamamento a secundar esta concentración para amosar o apoio ao alcalde elixido pola cidadanía.