∙ Izaskun García: “O alcalde non aparece e o seu equipo non xestiona nada mentres se acumulan os problemas sen resolver”.
∙ A alcaldesa impide a intervención duns veciños afectados por ruídos dun local desde fai máis de tres anos, “escusándose nun defecto de forma na solicitude, algo inxusto e evitable”, consideran os populares.
∙ As propostas do PP para a mellora da urbanización de AUGAS MANSAS, e o paseo fluvial REGO DÁS XESTEIRAS, foron aprobadas e saíron adiante.
Nunha nova sesión plenaria de Culleredo, o alcalde volveu a ausentarse sen ofrecer unha explicación detallada sobre os temas relevantes para o municipio que xustificasen a súa falta. O Partido Popular considera que esta nova escusa –un suposto viaxe a Madrid relacionado con asuntos do Concello pero que non especifican– é tan pouco crible como a que se ofreceu na sesión anterior, onde se alegou unha reunión como motivo da súa ausencia.
Para a portavoz do Partido Popular en Culleredo, Izaskun García, a ausencia do alcalde é unha mostra máis do “desprezo absoluto pola xestión municipal e polos problemas reais dos veciños”. Ademais, á falta de presenza do alcalde súmase a falta de propostas nos plenos, onde a única actividade relevante centrouse nas iniciativas presentadas pola oposición.
Un pleno marcado pola falta de respostas e censura aos veciños.
Durante a sesión, a alcaldesa impediu a intervención dun grupo de veciños da Avenida de Galicia que levan máis de tres anos denunciando problemas de ruídos provenientes dun local de lecer sen que o concello tomase medidas. Alegou un “defecto de forma” na súa solicitude, un argumento que o PP considera inxusto e evitable.
A edil popular Vanesa Fernández, criticou duramente a falta de respostas por parte do goberno municipal aos continuos problemas de ruído que afectan os veciños. “É inadmisible que, tras tres anos de sufrimento, os veciños non sexan escoitados no pleno e o goberno non faga nada por resolver esta situación. Non estamos en contra de ningún local, pero si esiximos que o concello faga o seu traballo e garanta a convivencia”, denunciou Fernández, quen esixiu unha solución inmediata.
O PP logra sacar adiante dúas propostas clave para o municipio
A pesar da inacción do goberno local, o pleno si aprobou dúas propostas do Partido Popular para a mellora de AUGAS MANSAS e da contorna de REGO DÁS XESTEIRAS, iniciativas que buscan mellorar infraestruturas crave para os veciños e a contorna.
Izaskun García subliñou a inoperancia do executivo municipal: “O que vivimos no pleno de onte foi un déjà vu do pleno anterior. Un alcalde ausente, unha alcaldesa que non responde a nada e un goberno municipal completamente paralizado. Mentres os problemas acumúlanse, eles seguen sen dar a cara. Culleredo non pode seguir así”.
O PP de Culleredo seguirá defendendo os intereses dos veciños e esixindo responsabilidade e xestión por parte do goberno local.