Home A Coruña O presidente da Deputación comprométese a estudar a construción dunha senda entre...

O presidente da Deputación comprométese a estudar a construción dunha senda entre Ponte Carreira e Aiazo en unha ou dúas fases

- Anuncio -

A petición foi feita formalmente en 2009 polo Concello de Frades e reiterada de forma unánime polo Pleno municipal de maio de 2020

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, aproveitou esta mañá a primeira visita institucional do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para reiterarlle a petición de construción dunha senda peonil na marxe esquerda da DP-3802, entre os núcleos de Ponte Carreira e Aiazo. Unha solicitude feita inicialmente no ano 2009 e reiterada en varias ocasións, a derradeira no Pleno municipal de maio de 2020, na que foi aprobada por unanimidade.

O alcalde solicitoulle ao presidente provincial a inclusión do proxecto “Mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-3802 Ordes-Ponte Carreira, Pk 14.45 a Pk 16.825, na marxe esquerda” no programa de sendas peonís das estradas de titularidade provincial. Roberto Rey Martínez explica que se trata “dunha obra moi necesaria para unir o núcleo de Aiazo co núcleo urbano de Ponte Carreira”.

“A colaboración co concello é máxima e comprometémonos a estudar esta actuación de mellora da seguridade viaria, veremos se é posible na súa totalidade ou só unha parte dela, co compromiso do Concello de xestionar a cesión dos terreos sen necesidade de expropiación”, subliñou González Formoso. A contía do proxecto achégase ao 393.000 euros, que o presidente provincial comprometeuse a executar nunha ou en dúas fases.

O Concello de Frades xa pedira formalmente no ano 2009 a inclusión de catro proxectos de sendas no Plan de Seguridade Viaria da Deputación da Coruña nos núcleos de Cimadevila (Frades), Vistalegre (Galegos), A Torre (Aiazo) e Moar (Moar), por esta orde de preferencia. “A día de hoxe están feitos os dous primeiros proxectos, que supoñen 1,5 quilómetros de senda peonís polo que cremos que somos un dos concellos da provincia con menos quilómetros nos que os nosos veciños e veciñas poidan camiñar polas vías provinciais sen perigo de atropelos, ao non dispoñeren de apenas beiravías para a seguridade dos peóns”, explica o alcalde de Frades.

Colaboración co Concello

O presidente da Deputación estivo acompañado polo deputado provincial Antonio Leira, mentres que o alcalde de Frades contou coa presenza dos portavoces dos grupos políticos representados na corporación: Manuel Ferreiro (PP), Enrique Astray (PSOE) e Manuel Míguez (BNG). Antes de asinar no libro de honra do Concello de Frades e de visitar sobre o terreo a estrada sobre a que iría a senda peonil, Formoso fixo un repaso aos investimentos acometidos en Frades con financiamento provincial nos últimos catro anos a través do Plan Único e que suman máis de 3 millóns de euros.

.
González Formoso destacou que “o compromiso desta institución está vinculado desde hai moitos anos, a través dos distintos plans, ao investimento en infraestruturas e agora ademais a nosa axuda acrecéntase na parte social por mor da pandemia xa que esixe máis apoio por parte das administracións”.

Pola súa banda, Roberto Rey agradeceu a visita “e os investimentos que fai aquí a Deputación porque son un apoio fundamental para poder acometer proxectos nos concellos pequenos do rural” e agradeceu especialmente o apoio da institución provincial durante o último ano para axudar aos concellos a facer fronte aos efectos da pandemia, con programas como o Fondo Social do Plan Único ou o PEL- Reactiva

Cooperativa Central de Frades

Finalmente, a comitiva oficial realizou unha visita á Cooperativa Central de Frades, onde foron recibidos polo seu presidente, Xaime Carneiro, e a súa xerente, Laura Uzal. Ademais de coñeceren as instalacións e servizos dispoñibles, a comitiva coñeceu os problemas das conexións de entrada e saída da cooperativa, emprazada a carón da N-634 (Ledoira). Uns problemas que veñen da prohibición dun xiro á esquerda na N-634, xa que é un punto negro onde se teñen producido accidentes. Isto obriga aos vehículos que queren acceder á cooperativa, especialmente aos camións, a dar a volta nun cruce moi estreito, no que teñen serios problemas de seguridade.

Uns problemas que xa foran denunciados no Pleno municipal de maio de 2021, que aprobou por unanimidade solicitarlle ao Ministerio de Fomento o arranxo dos accesos á Cooperativa para garantir a seguridade viaria.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas