Home A Coruña O proxecto de Cabo Ortegal participa en Lleida nas VII Xornadas Abertas...

O proxecto de Cabo Ortegal participa en Lleida nas VII Xornadas Abertas do Foro Español de Xeoparques

- Anuncio -

A localidade catalá de Tremp, en Lleida, acolle esta semana as VII Xornadas Abertas do Foro Español de Xeoparques da Unesco organizadas polo Geoparc Orígens. Durante a xornada de hoxe o foro mantivo unha xuntanza de traballo coa participación das zonas que xa contan co distintivo internacional e durante mañá e máis o venres desenvolveranse visitas, ponencias e debates centrados nesta edición na conservación e interpretación do patrimonio xeolóxico e no papel que representan os xeoparques como dinamizadores da sostenibilidade. A Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal (AXCO) participa nas xornadas representada por José Miguel Alonso Pumar e Pablo Moreda Gil, presidente e vicepresidente da entidade supramunicipal, xunto con María Mesías, técnica da consultora GoodLife.

A presenza da AXCO en Lleida encádrase no traballo en rede que desenvolven tanto os xeoparques certificados como os que aspiran a obter o distintivo da Unesco, como é o caso do proxecto de Cabo Ortegal. De feito, o propio organismo internacional sinala, entre outros requisitos para conceder o recoñecemento, que os territorios deben estar funcionando como xeoparques incluso antes de propoñer sequera a súa candidatura ao organismo correspondente de cada Estado.

Neste sentido, un dos aspectos básicos é a asistencia a foros especializados, o intercambio de información e boas prácticas e o fomento das relacións cos organismos e persoas que xestionan xeoparques xa certificados, como é o caso do Geoparc Orígens, declarado como tal pola Unesco en abril de 2018.

Situado a carón do Pirineo catalán -na comarca de Pallars Jussà e parte das comarcas de Pallars Sobirà, Alt Urgell e Noguera-, o xeoparque é anfitrión desde hoxe mércores até o venres da sétima edición das xornadas abertas do Foro Español de Xeoparques, que teñen como principal obxectivo dar a coñecer o traballo que levan a cabo os xeoparques españois e de que maneira están contribuíndo ao desenvolvemento dos seus respectivos territorios.

No marco destas xornadas, este mércores 2 de novembro de novembro desenvolveuse a reunión do Foro -limitada só a xeoparques certificados-, mentres que o resto de participantes acreditados coñeceu a zona histórica de Tremp (localidade que acolle as xornadas).

Mañá xoves o programa da mañá inclúe a visita á parte do territorio onde se atopa o Lugar de Interese Xeolóxico Pas de Finestres e a anticlinal de Abella, ademais de achegarse ao Museo da Conca Dellà, en Isona, e ao xacemento de pegadas fosilizadas de dinosauro existente no municipio de Orcau.

Pola tarde, de volta en Tremp, inauguraranse oficialmente as xornadas, que abordarán con mesas redondas e debates aspectos relacionados coa conservación da paisaxe e o patrimonio xeolóxico, co uso das novas tecnoloxías para a súa interpretación e divulgación e tamén os desafíos e oportunidades que se lles presentan aos xeoparques como figuras de desenvolvemento sostible.

O venres 4, último día das VII Xornadas Abertas do Foro Español de Xeoparques, visitaranse outros puntos do Geoparc Orígens de grande interese científico, como o Desfiladeiro de Collegats, o Museo de Gerri de la Sal, o xacemento de fósiles da Collada de les Caragolines ou o parque astronómico do Montsec.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas