Home A Coruña O proxecto ‘Educando na Biosfera’ bota a andar en Sada cunha visita...

O proxecto ‘Educando na Biosfera’ bota a andar en Sada cunha visita á depuradora

- Anuncio -

• O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Isaac Díaz Pardo sadense coñeceu de primeira man as diferentes etapas do proceso de depuración das augas residuais.

O programa ‘Educando na Biosfera’, promovido pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, botou a andar esta mañá no Concello de Sada coa visita do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Isaac Díaz Pardo á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) municipal.

Durante a visita, guiada polo persoal da empresa Viaqua, os e as estudantes puideron coñecer, de primeira man, as diferentes etapas do proceso de depuración ao que se someten as augas residuais antes de ser devoltas ao medio natural tras o seu correspondente tratamento.

Os e as mozas puideron indagar sobre determinados hábitos e consellos achega do consumo responsable da auga que todos e todas podemos poñer en práctica no noso día a día. Tamén profundaron nos problemas asociados ao proceso de depuración que xorden como consecuencia de malos hábitos diarios como a vertedura de aceites, tirar restos de alimentos polo vertedoiro ou a eliminación das toalliñas de papel polo inodoro.
A empregada de Viaqua que guiou ao grupo durante a visita respondeu a todas as dúbidas que o alumnado tiña acerca dun proceso vital para unha correcta conservación dos ecosistemas e os espazos naturais.

‘Educando na Biosfera’

A iniciativa ‘Educando na Biosfera’ é un proxecto cuxo obxectivo é aproximar concienciar ás novas xeracións sobre cuestións tan importantes como a alimentación saudable e produto de proximidade; arte e patrimonio cultural; fomento da biodiversidade; igualdade e ciencias sociais; natureza e territorio; e cambio climático.

Esta é xa a oitava edición deste programa no Concello de Sada -primeiro que apostou por esta iniciativa- aínda que tamén está consolidado nas comunidades educativas de Abegondo, Bergondo Betanzos, Carral e Miño, que participarán un ano máis na iniciativa.

Está previsto que, durante este curso, máis de 1.700 alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato dos centros educativos destes municipios participen das actividades de ‘Educando na Biosfera’.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas