HomeA CoruñaO PSdeG de Santiago denuncia o desmantelamento do servizo de actividades socioculturais...

O PSdeG de Santiago denuncia o desmantelamento do servizo de actividades socioculturais do Concello

- Anuncio -spot_img

A concelleira socialista, Marta Abal, acusa ao Goberno local de abandonar ás persoas usuarias e reclama explicacións e a reposición urxente do servizo.

A concelleira do Grupo Municipal Socialista de Santiago, Marta Abal, denunciou o desmantelamento do servizo de actividades socioculturais do Concello, unha situación que, segundo explica, se agravou desde o 1 de outubro e que está a deixar sen cobertura numerosas actividades tanto na cidade como no rural.

Marta Abal advertiu de que “no Centro Sociocultural de Santa Marta, 78 persoas quedaron sen as súas clases por falta de monitores, mentres que, en centros do rural como o da Gracia, o servizo deixou de prestarse por completo”.
Abal cualificou a situación de “inaceptable” indicando que o Goberno local abandonou “ás persoas usuarias, que xa pagaron polas actividades e que, malia iso, non están a recibir o servizo comprometido”.

A edil engadiu que “todo isto supón unha clara vulneración dos seus dereitos e evidencia a incapacidade do executivo municipal para garantir o cumprimento do contrato e asegurar un servizo público de calidade”.
Por este motivo, o Grupo Municipal Socialista de Santiago esixe ao goberno municipal explicacións inmediatas, así como “a reposición urxente do servizo e medidas firmes para que se respecte á cidadanía e se cumpra o contratado”.

Publicacións Relacionadas